SOBRE UNHA ENTREVISTA AO ALCALDE DE LOBEIRA NUN XORNAL PORTUGUÉS
Na versión dixital do xornal Portugués “O PRIMEIRO DE JANEIRO” pódese ver unha entrevista ao Alcalde de Lobeira que non ten desperdicio algún.
SEGUE A ENTREVISTA E COMENTARIOS SOBRE A MESMA
Na dita entrevista o Alcalde de Lobeira di o seguinte:
O nosso entrevistado começou por realçar um dos problemas que, ao nível demográfico, afecta o concelho: “Lobeira, à semelhança dos outros concelhos do Interior da Comarca, debate-se com os problemas da desertificação humana e do envelhecimento da população. Gostaríamos de contrariar a tendência destes fenómenos, mas os recursos económicos do município são reduzidos e não permitem criar os programas de apoio necessários ao investimento e, consequentemente, à fixação da população jovem”.
Dita entrevista pódese ver en:
http://www.oprimeirodejaneiro.pt/?op=artigo&sec=a1d0c6e83f027327d8461063...
1-O título da reportaxe xa o di todo: DESFRUTE DO VERDE E VIVA A HISTORIA DE OUTROS TEMPOS.
En efecto o visitante pode gozar de todo o verde que queira e aínda máis se se espera un pouco de tempo. Como sigamos así, con ese Alcalde, o único que poderemos ver é o verde dos campos, dos camiños e dos lugares de interese, cubertos polas silveiras e polo mato. As brigadas contratadas para limpeza dedícanse moitas veces a outros fins, a realizar traballos, incluso particulares, que presuntamente non lles corresponden. Sobre isto esperamos dar novas proximamente.
2- É necesario que os visitantes veñan coa idea clara de que poden vivir a “historia de outros tempos”, dado que dos tempos actuais nada hai que ver, pois nada se fixo nos derradeiros anos. Aínda é peor; toda canta iniciativa privada se ten feito ou se faga en Lobeira conta, non soamente coa falta de axuda do Concello, incluso conta tamén coa obstrución a tales iniciativas.
Exemplos claros son “O Obradoiro Aula de Ensino” e a Coral de Lobeira.
3- Di o Sr. Alcalde na súa entrevista que non ten recursos económicos ….. Sen entrar polo de agora noutras consideracións, hai que ter valor para dicir tales cousas cando se acaba de ocultar no Pleno dos Orzamentos Municipais o feito de que por decisión, non se sabe se do Alcalde ou da Xunta de Goberno, acaban de aumentar os seus ingresos por asistencia un 66,66 %. Un concelleiro pasa de 60 € por Pleno ou Comisión a 100 €, e o Sr. Alcalde pasa de 240 € a 400 €.
¿É aceptable que os cidadáns dun pequeno concello vexan día a día como se gastan os seus cartos dunha maneira tan irresponsable como vergoñosa, cando unha grave crise económica aféctalles as súas economías de tal maneira que ven como baixan as súas posibilidades de manter o seu xa pequeno poder adquisitivo?
4-Di o Sr. Alcalde que non hai cartos para investimentos, case é mellor que non os teñan vistos algúns investimentos feitos cando os tiveron:
• Unha cancha de tenis feita nun pobo que di o Alcalde que está perdendo a súa poboación xuvenil e que tamén di que non se pode, por falta de investimento, fixar a poboación xuvenil, ¿para que fixeron a pista de tenis?, ¿faríana para que xogasen os velliños? ¡INCONGRUENCIA TRAS INCONGRUENCIA!.
• Unhas instalacións náutico-deportivas cuxa única actividade foi a súa inauguración e que levan pechadas dende a mesma, a pesar das súas declaracións ao xornal La Región de fai case un ano. ¡FÍXOAS E AGORA NON SABE QUE FACER CON ELAS.!
• Unha reforma feita no edificio do antigo concello, para transformación en Casa de Cultura, onde se fixo un grande gasto dentro dun Obradoiro de Emprego e que agora está pechada e sen actividade algunha por unha simple razón: O Concello ten unha débeda con Unión Fenosa de 122.000 €, motivo polo que, xa fai moito tempo, lle cortaron a luz ao dito edificio. Ter unha Casa de Cultura é unha idea tan boa como necesaria, pero non se pode admitir facer un investimento como o feito sabendo que a débeda non permite usalo. ¡ALUCINANTE!
5- O Sr. Alcalde fala do problema do “envellecemento da poboación” e no seu discurso nin sequera se decata que son xustamente:
- A SÚA IDADE.
- A SÚA INCOMPETENCIA demostrada durante os 30 anos que di “levar ao servizo de Lobeira”
- A SÚA ACTITUDE despótica e de falta de diálogo.
o problema principal que ten hoxe Lobeira.
