VISITA de RESPONSABLES de CULTURA e PATRIMONIO a LOBEIRA

Transcribimos literalmente unha nota que o voceiro do BNG nos enviou referente a Posta en valor do patrimonio arqueolóxico e megalítico do Concello de Lobeira.

11 abril/2008

Visita Delegado Cultura a Canle e a Fraga, acompañado polo Xefe de Patrimonio en Ourense Alfredo Seara (nado en Lobeira e fillo de José Seara que foi administrativo no Concello de Lobeira), e David Pérez de Bande, Arqueólogo, que tamén colabora no proxecto.

Posta en valor do patrimonio arqueolóxico e megalítico do Concello de Lobeira; informar as comunidades de montes do proxecto e que permitan as actuacións proxectadas na serra do Leboreiro (mámoas, estacións arte rupestre, asentamentos castrexos, castros, menhires, poboados de pastores, etc.).

Construcción no Concello de Lobeira dun centro de interpretación do patrimonio arqueolóxico e do megalitismo da Serra do Leboreiro.

Canle: 12 persoas entre as que estaban o Pte. e Secretario dos montes altos do Leboreiro e os vocais dos pobos: lles parece ben todo que se faga para por en valor o Patrimonio Arqueolóxico da Serra.

Fraga: tódolos veciños do pobo estiveron na reunión, o Delegado quedou sorprendido pola asistencia masiva do pobo (quedou en volver): lles parece ben que se fagan cousas e que se poña en valor o patrimonio da Serra.