RESPOSTA AOS COMENTARIOS DE "UN VECIÑO"

Visto o contido dun comentario á nova sobre o Pleno Extraordinario do Concello do Lobeira celebrado o 3 de Abril pasado, feito por "UN VECIÑO", engadimos seguidamente a resposta que se lle deu por parte da nosa Redacción, por considerar que debe de ser coñecida por todos os nosos visitantes.
SEGUE A RESPOSTA A "UN VECIÑO"

Deica agora non temos elementos exactos para poder darlle detalles como os que pide, pero podémoslle facer unha valoración orientativa sobre cifras que se poden considerar como válidas, se ben pensamos que cando se coñezan as definitivas estarán moi por encima das que engadimos.
Estimamos ao redor de 30 comisións de goberno por ano.
Estimamos 10 plenos por ano.
Isto supón o seguinte:
Os Concelleiros do PP (3) que forman parte do Grupo de Goberno participan entre Comisións de Goberno e Plenos en 40 reunións por ano.
A Concelleira do PP que non forma parte do Grupo de Goberno e os Concelleiros da oposición participan soamente en 10 Plenos.
O Alcalde participa e é presidente de todas as Comisións e Plenos (40)

Unha simple multiplicación e considerando a subida que se fixo este ano, pasando de 60 € a 100 € para os concelleiros e de 240 € a 400 € para o Alcalde, que supón un aumento do 66,66 %, deixa ver as cantidades estimativas que cobrarán os membros da nosa Corporación Municipal.

Concelleiros da oposición (4) e 1 do PP....... 1.000 € por ano.
Concelleiros do Grupo de Goberno.............. 4.000 € por ano.
Alcalde.......................................16.000 € por ano
Existen ademais outras comisións das que non temos información exacta e que por iso non valoramos.
O Sr. Alcalde ten ademais uns emolumentos mensuais que esperamos poder comunicar en breve.
ESTAS SON AS NOSAS CONTAS E QUEN TEÑA NECESIDADE DE REBATELAS QUE O FAGA.
¡XA ESTÁ BEN........!

16000€

Non sei como pode ter cara o Emilio pra levarse 16000€, se non fai nada de nada ese soldo teria que telo un home disposto a traballar 24h o dia os 7 dias da semana. Tendo enconta que este señor e xubilado, dende logo si tivera vergonza non miraria os veciños a cara