PLENO do CONCELLO DE LOBEIRA do 30 de Abril de 2008

Rexistro escrito entrada.jpg

O día 30 de Abril celebrouse un Pleno no Concello de Lobeira, do que non dimos novas polas razóns xa expostas. Estivemos en dito pleno e soamente caben facer dúas apreciacións de interese para todas as xentes de Lobeira que seguen este espazo.
SEGUEN COMENTARIOS SOBRE DITO PLENO

1-No capítulo de mocións pola vía de urxencia, o BNG presentou unha na que se pedía que o Sr. Alcalde informase do que tiña acontecido no tema da leña levaba a propia casa do Alcalde e ás de outras persoas por brigadas que traballan no Concello e durante a súa xornada laboral. O voceiro do grupo do PP dixo que debería ser sometido a votación si se admitía dita moción por dita vía. A moción foi rexeitada polos cinco concelleiros do PP. ¿QUE TEN QUE OCULTAR O SR. ALCALDE PARA NEGARSE A DAR A SÚA VERSIÓN DOS FEITOS?.
2- A anterior moción viña amparada polo feito de que o voceiro do BNG pediu por escrito, o día 16 de abril, unha serie de documentación que continúa sen serlle entregada no intre de redactar estas liñas.
Engádese copia do escrito presentado coa entrada no rexistro do Concello.

É VERDADEIRAMENTE SIÑIFICATIVO QUE O ALCALDE NON RESPONDA NIN ÓS ESCRITOS NIN ÁS MOCIÓNS DA OPOSICIÓN CANDO SE TRATA DE ASUNTOS RELACIONADOS COA SÚA XESTIÓN. AO PARECER NON QUERE QUE OS VECIÑOS POIDAMOS ENTERARNOS DO QUE FAI E DE CANTO NOS CUSTA AO ANO.