DETALLE da RODAXE na CHAIRA do SANTO de AS QUINTAS (Lobeira)
Engádese o enderezo no que se pode ver unha toma de vídeo feita durante a rodaxe que se fixo o pasado domingo na Chaira do Santo de As Quintas(Lobeira), para a curtametraxe "O Límia, río do Esquecemento".
Foi unha tarde inesquecible, chea de ben facer, de espírito de colaboración e onde se mostrou unha vez máis o que se pode e se debe facer en Lobeira.
Con poucos recursos, moito esforzo e máis ilusión, logrouse facer un traballo que dará os seus froitos en pouco tempo.
