A SITUACIÓN REAL ENTRE O CONCELLO E UNIÓN FENOSA 14 de Febreiro de 2009

DSC_0139 peque.jpg

Lamentamos ter que contradicir unha información aparecida en La Región na que se encabezaba a nova dicindo “ Lobeira y Unión Fenosa pactan un acuerdo para saldar la deuda y retomar el suministro”. Para comezar consideramos que La Región debería coidar un pouco máis os seus titulares, cando menos no que a Lobeira se refire. LOBEIRA é un territorio municipal cuns veciños que pagamos puntualmente os nosos recibos da luz, as tasas duns servizos municipais a pesar das súas deficiencias, o I.B.I., etc., etc... Outra cousa é, administrativamente falando, o CONCELLO de LOBEIRA, que é un ente administrativo, que para a nosa desgraza, non soamente lle debe a Unión Fenosa cartos, aínda por riba semella non saber negociar con ela e chegar dun xeito rápido a unha solución dun problema que está prexudicando os nosos intereses e a nosa imaxe.
SEGUE..............

Por outra parte, o texto da nova dicía. "‘Entre hoy y mañana esperamos que nos llegue la propuesta de calendario de pago de la deuda por parte del ayuntamiento’, señalaban desde Fenosa, quienes explicaban que dicho calendario está siendo elaborado en función de las conversaciones mantenidas entre ambos organismos. ‘A no se r que lo que nos remitan sea algo desproporcionado, se llegará a un acuerdo con el correspondiente restablecimiento del suministro eléctrico’, matizaban.”
De acordo ás nosas informacións e si nos atemos ao contido do texto, vese claramente que non existe aínda acordo algún entre o Concello de Lobeira e Unión Fenosa. A noticia, así dada, parece máis ben un lavado de cara sobre a primeira nova dada no seu día. Sería lóxico esperar unha información neta e clara que se limitase a contar a realidade dunha situación insostible.
A pesar do dito na prensa ao día de onte o Concello de Lobeira continuaba alimentándose cun xerador, como pode verse na foto tomada onte mesmo.