PLENO EXTRAORDINARIO do CONCELLO de LOBEIRA 14 de Febreiro de 2009

TRANSFUGA.jpg

No día de onte tivo lugar a celebración, con caracter urxente, dun Pleno Extraordinario da Corporación Municipal.
Punto 1: Xustificación do caracter extraordinario da convocatoria. O concelleiro do BNG Sr. Adán tomou a palabra para expresar a súa queixa, polo feito de ter incluído nun Pleno Extraordinario o punto nº 3 que non consideraba tivese urxencia algunha.
Punto 2: Substituíronse dous membros das mesas das eleccións que non se deron localizado nos seus domicilios.
Punto 3: Foi a toma de razón dun escrito presentado pola concelleira do PSG-PSOE Rosa María Domínguez Salgado, no que deixa constancia de que quere deixar de representar ao Partido Socialista no Concello. Unha vez lido o escrito polo Sr. Secretario o concelleiro do BNG Sr. Adán, pediulle á asinante da carta si podía dar unha explicacións das razóns que lle levaban a tomar tal decisión. A concelleira respondeulle que non tiña por que dar explicación algunha pero que de todas as maneiras ía darllas. Cando ía comezar a explicarse interveu o Sr. Secretario para dicirlle ao Alcalde que non tiña por que dalas e que o punto tratado era unicamente unha toma de razón. A concelleira insistiu dúas veces en querer dar unha resposta. Despois dun “galiñeiro” onde todos falaban o Alcalde repetiu entonces literalmente o que acababa de dicirlle o Secretario e levantou a sesión.
NOTA: ESTE PLENO, SACANDO UNHA PARADA NA QUE O SECRETARIO SE AUSENTOU PARA TRAER UNHA INFORMACIÓN, DUROU 12 MINUTOS E CUSTOU ÁS ARCAS DO CONCELLO 900 €. SENDO 400 € PARA O ALCALDE E 100 € PARA CADA UN DOS 5 CONCELLEIROS PRESENTES.
PÓDESE MOI BEN COMPRENDER TAL DESFEITA COMO UNHA DAS RAZÓNS DA MOROSIDADE REITERATIVA DO NOSO CONCELLO ANTE UNIÓN FENOSA E OUTROS ACREDORES, ENTRE ELES A EMPRESA DE CONSTRUCCIÓN PROPIEDADE DO PAI DA CONCELLEIRA

pasmado

PELEXADESVOS OS VECIÑOS PPOR SABER QUEN É MAIS CARROÑEIRO E POR DISCUTIR QUE TODOS SON IGUAIS, NON TODOS SON IGUAIS NON, O QUE PASA E QUE EN LOBEIRA TEDES O QUE MERECEDES. MOI AGUSTO DEBEDES ESTAR CO GOBERNO QUE TEDES, DO CONTRARIO FARÍADES MANIFESTACIÓN, PROTESTA....ALGO QUE FIXERA VER Ó MONTON DE CACIQUES QUE TEDES NO CONCELLO, COMEZANDO POLO SECRETARIO...O VOSO DESCONTENTO.PEEEERO, SARNA CON GUSTO NON PICA

VECIÑA DE LOBEIRA

O DESTA SEÑORA NON TEN NOME, É LAMENTABLE. SON DE LOBEIRA E CADA VEZ QUE PODEDO, MELLOR DITO MO PERMITE O TRABALLO ESCAPO PO MEU POBO. O QUE NUNCA PENSEI E QUE CHEGARIAMOS A ESTES EXTREMO. POLITICOS CORRUPTOS, POLITICOS QUE NON LLES IMPORTA LOBEIRA E POR ÚLTIMO POLITICOS QUE SE METEN NUN PARTIDO PARA FACER TAPADEIRA E APOIAR A OUTRO. CALQUERA DÍA ANESIONANNOS A OUTRO CONCELLO. OS DO BNG QUE TOMEN NOTA DO QUE ESTA FACENDO O SEU COMPAÑEIRO DE PARTIDO DEIBE SIMO. QUE MIRE E QUE APRENDA QUE ESTE SI QUE VIVE NO SEU POBO E NON FAI COMO O MILITANTE DO BNG DE LOBEIRA QUE SOLO LLE INTERESA POR TER A PLAZA DE FUNCIONARIO PRETO.

Para a miña veciña de Lobeira

Máis que de acordo co que dís sobre a ex-Psoe. Sobre o BNG tes unha confusión. Os dous que son funcionarios xa estaban nos postos que agora teñen antes de ser concelleiros. Quen si se presentou para concelleira polo PP para ter plaza en Xinzo foi a que nunca abre a boca e que se chama Eulalia. Que leven uns as culpas do que fan outros non parece moi xusto.

Un calquera

Veciña de Lobeira, falas moi bén pero non esperes resposta. A do soe xa ves, en canto lle ofreceron un postiño fixo, vendeu a sua alma a baltar ou a franco se vivira.
¿Pensas que os bloqueiros son millores?
Mira quén son e despois tela resposta ti sola. Nunca renunciaron ós 100 euros ou ó que cobran no concello. O que realmente querían é cobrar eles mesmos os 400 euros que cobra o Alcalde.
Ise é o problema, non hai outro. ¡¡¡Qué desastre!!!

Un calquera

Ises da oposicion que tanto critican ó Alcalde, e non fan nin saben, renunciaron algunha vez os seus 100 euros por 12 minutos do pleno?
Quén é ise tal Adán?
Non será un axente xudicial que pouco mais gana no seu traballo e os 100 euros gardos hasta no pano coma as vellas dantes?
O día que cheguedes (espero que nunca) faredes coma o Touri´ño porque os cartos gústanvos mais ca ninguien.

RESPOSTA A "Un calquera"

Como pode comprender "Un calquera" dende este espazo non imos a entrar nas súas consideracións sobre a capacidade “aforrativa” do concelleiro Sr. Adán, pois os seus comentarios descualifícanse eles solos.
O que non podemos e deixar sen resposta a súa pregunta. Cando menos en dous Plenos do Concello, nos que este redactor estaba presente, o Grupo do BNG pediu que quedase sen efecto a decisión tomada unilateralmente polo Grupo de Goberno, sen ter en conta a postura da oposición, de subir un 66% os seus emolumentos de Alcalde e Concelleiros. A primeira vez que se dixo, foi xustamente o Sr. Adán quen a propuxo e a segunda foi o voceiro do BNG Sr. Álvarez. Tales feitos aparecen reflexados varias veces neste espazo web.Esa é a única verdade e polo tanto a súa insidiosa pregunta queda contestada.

Un calquera

¿Pero gardounos ou deixounos elí pro Concello?
Non fai falta que conteste, foi ese Pleno só pra cobrar, coma todos...