MESA REDONDA SOBRE "PRESENTE E FUTURO de LOBEIRA" 28 de Febreiro de 2009

Na tarde de onte tivo lugar en “O Obradoiro Aula de Ensino”, unha xuntanza para falar do tema “Presente e futuro de Lobeira” . A mesma, que foi prevista como unha Mesa Redonda e a que foron invitados individualmente o Alcalde e tódolos Concelleiros da Corporación Municipal, ademais do Secretario, converteuse nunca charla aberta dado que os únicos Concelleiros presentes foron os tres do BNG. A ausencia, que non estrañou a ninguén, do resto dos Concelleiros soamente pode ter unha lectura. Si como se comprobou no Pleno pasado o Alcalde e Concelleiros do Grupo de Goberno non responden ás preguntas da oposición, nin permiten abrir un debate, non é de estrañar que non se atrevan a participar nun debate público.

Dende a Plataforma Cidadá ¡XA ESTÁ BEN........! non deixaremos de organizar todas as mesas, debates e charlas que poidan dar luz e informar sobre a situación lamentable que vive o Concello de Lobeira e que moitos, irresponsablemente, tratan de ocultar.

ESA XENTE

Toño o moreno, Xullo do medela, Arsenio Landa e todo o resto de xente que queda por nomear , espero que o voso esforzo de froitos e desexovos humildemente que se vos fagan realidade os soños que tendes polo pobo de lobeira, fai falla moita xete esi que desgrazadamente non hai, sen mais, DADELLE NA BIMBA E ANIMO POS E PA LOBEIRA
TABOCANLE ---- OZZYOU