INCÍVICO COMPORTAMENTO 23 de Febreiro de 2009
Alguén sabe quen foi o que deixou aparcado este todoterreo, no día de onte?, día das eleccións, de xeito tan incívico, que ademais de ter a roda dianteira enriba da beirarrúa, ten a traseira metida no medio da “Travesía do Alcalde Higuero Cardoso”, obrigando aos coches a pisar a liña continua. Sabemos que o vehículo é propiedade do propio Alcalde de Lobeira, pero o que preguntamos é si alguén sabe quen o aparcou así. A razón da nosa pregunta non está en que non saibamos quen foi, é soamente que temos a dúbida de que puidese aparecer algún veciño que en Acta Notarial declarase, “por boa veciñanza e fora da xornada laboral”, que o había aparcado el mesmo.
Lamento que o meu comentario fora malinterpretado. Eu non digo que o alcalde non teña que dar exemplo. Ao contrario. O que quero decir é que, aparte de que o alcalde dé ou non exemplo, se a Garda Civil tivera que multar a todos os que aparcamos mal e en sitios indebidos en Lobeira...
Según se ve na Región a Garda Civil multa a xente que aparca nas aceras das Conchas, na Vila según se ve podese aparcar como fai o Alcalde e non multan a nenguén. Eu seguirei tomando o vaso nas Conchas pois non teño ganas de ver o que ali se ve. Mirade os resultados das eleccións na Mesa das Conchas e na de Lobeira e xa veredes quenes manteñen ao Alcalde que temos a pesar de todas as cousas que fai.
Tampouco hai que ser mais papistas que o papa. Se nos paramos a ver todos os vehículos que estacionan diante do Alero, do bar Viso ou do supermercado, creando graves riscos para a circulación xa que aparcan mesmo nas curvas, os da Garda Civil non daban feito.
É verdadeiramente sorprendente o comentario de SIN-CHAN-SIN-TEITO. Os coches que aparcan diante do Bar Viso o fan en liña e o do Alcalde está montado na beirarrúa e cruzado na estrada, interrumpindo o paso por máis que SIN-.... non queira velo. Si puxemos a foto é simplemente por que consideramos que o Alcalde debería ser o primeiro en dar exemplo e como se ve fai xustamente o contrario. Gustaríanos volver a ver comentarios de SIN-..... pero despois de tanto tempo sin eles sorprende o de hoxe.

