RESULTADOS DAS ELECCIÓNS EN LOBEIRA 2 de Marzo de 2009

Total de votos escrutados: 680

Partido Popular 319 votos ( 47%)
BNG 181 votos (27%)
PSdG-PSOE 166 votos (24%)

A pesar de seguir sendo o grupo político máis votado en Lobeira, é preciso dicir que despois de tantos anos de supremacía do PP en Lobeira, nas presentes eleccións os votos sumados do PSdG-PSOE e do BNG superan aos do PP.
A variacións entre porcentaxes entra as derradeiras eleccións autonómicas do 2005 e as actuais son as seguintes:
PP baixou do 66 % ao 47%
BNG subiu do 14 % ao 27 %
PSdG-PSOE subiu do 20 % ao 24 %.

Por outra parte, aínda que non sexa moi habitual comparar datos de diferentes tipos de eleccións, queremos establecer unha relación entre as últimas municipais (2007) e as actuais, resultando:
PP baixou do 53 % ao 47 %
BNG baixou do 28 % ao 27 %
PSdG-PSOE subiu do 18 % ao 24 %

Todo o indicado demostra unha enorme caída do PP en Lobeira, un estancamento do BNG e unha lixeira subida do PSdG-PSOE.

Despois de todo o ocorrido nos últimos tempos en Lobeira é difícil interpretar parte de estes resultados e non queremos entrar en máis consideracións, deixando o análises da evolución política do noso Concello para que cada quen saque as súas conclusións.

SEGEMOS COMA SEMPRE

En primer lugar respecto a todas as ideoloxias e partidos, e leido varios comentarios e o que eu teño que decir, en primer lugar e que o problema en lobeira non e que goberne o PP, ni que alguha xente que escribe sexa do Bloque , ou do PSOE, non o problema e o Sr Alcalde xa que se o Sr Emilio estivese noutro partido tamen se lle criticaria pola sua xestion, o que esta claro e que en pleno seculo XXI existan persoas coma o Sr Emilio, e que non sabedes a cantidade de cartos que se deixan de perder por un lado, da cantidade de inversions que no se levan feito, dos postos de traballo que se levan perdido, da xente que se foi, e a conclusión que deben sacar os afines o PP e ten que segir ese home, se o dia de maña non esta todos istes grandes defensores non sei se o defederan,os galegos han falado queren que en Galicia ganara o PP, a xente de Lobeira tamen falou queren que ganara o PP,pero se se presentara o Emilio para unhas eleccions preferia que gobernanran outros se foran estas as eleccions, canta xente se perde en Lobeira e que e do PP pero que non votan por culpa do Emilio, canta xente a humillado ou incluso metido no xulgado, por que pensa el que a xente e coma el que o inabilitaron. Eu pidolle a xente do PP que forcen a que este home dimita, que poñan a quen queiran pero non a el, e nos comentarios deixadevos de loitas de que ganou o de que estan doidos o importante e que Lobeira suba e que teñamos un Concello do que podamos presumir non o reino do Sr Emilio. E se os do PP apoia a iste home e responsabilidade diles o que pasa en Lobeira. Recordade no e culpa do PP culpa de D. EMILIO.

SEGUEMOS COMA SEMPRE POR CULPA DO PP

Comparto moitos razoamentos do anterior escrito pero existe unha forte contradición nos seus dous últimos párrafos. A culpa de todo canto ocorre é principalmente do Alcalde pero foi o PP quen o puxo nas listas e non por un erro, dado que levaba máis de 20 anos na Alcaldía. Puxérono por que sabían que sería o máis votado e importáballes máis iso que o ben de Lobeira. ¡Unha forma moi peculiar de facer política en ben dos pobos!. Non o puxo a Executiva local do PP, dado que leva anos sen se reunir. Quen o puxo foi a Dirección Provincial. É agora despois de canto leva feito, nestes case dous anos de este actual mandato, quen o manteñen son os seus compañeiros de Grupo de Goberno, que son tan culpables como o Alcalde do que está a pasar. Eu non me lembro de ter escrito nada en estas páxinas en contra de partido algún. O que si levamos denunciado son feitos que moitas xentes non coñecen e que dende aquí podemos denunciar todos.Si se ten pedido a dimisión do Alcalde como fai vostede, pero o Grupo de Goberno, que é do PP ignora tales peticións e non se atreve a forzar a súa dimisión aínda que a teñen ben fácil. Eu si digo claramente que do que pasa en Lobeira ten a culpa o PP e si o considera oportuno pódolle demostrar a miña afirmación documentalmente. Arsenio Landa

Outro iluso

Ö velos resultados cadaquén interpretos como lle parece, pero a realidade está ahí, xa que se trata de números, de matemáticas :
Niste intre o sr. Emilio seguiría sendo Alcalde, case cos seus votos soamente, pero teñamos presente que tamén tén os do PSOE, cousa que esquecen os de sempre, ilusos...
Galicia demostrou que é fiel ó PP, o partido que millor representa os intereses de Galicia.
Gañou nas 4 provincias, nas 7 cidades, e en case todolos Concellos, incluido Lobeira, pero despois desta espectacular victoria inda hai bloqueiros con mais moral co alcoiano, que perden 40 a cero e pidenlle uns minutiños de desconto ó árbitro.
Galicia e Lobeira están en boas mans e os veciños non son parvos, sábeno bén e votan en consecuencia.
¡¡¡Pero seguide soñando, é gratis!!!

Para outro iluso

Onde carallo aprendería matemáticas este home?.Pode ser que aprendese a facer números pero sería tamén necesario ter aprendido a interpretalos.
Tampouco parece haber aprendido a expresarse ben, a menos que esconda, como parece, outras intencións. O Sr. Higuero nunca contaría cos votos do PSOE. O que conta é co voto da Ex-Socialista a quen comprou, como quedou demostrado, poñendo en clara evidencia a pouca vergonza dun e doutro.Supoño que estará informado de que a ex-Psoe pasou hai bastantes meses a traballar na Deputación.¿¿¿¿¿¿ ????????
Os veciños non son parvos. É xustamente por eso polo que o PP caiu en Lobeira do 66% dos votos que obtivo no 2005 ata o 47% que obtivo agora. Matemática simple.Os veciños tardaron en saber o que tiñan pero agora xa o saben. Interpretación clara dos números.Vanse dando conta con lentitude o que fai que cada vez se funda máis o noso concello.
Que o PP gañase por maioría en Galicia pouco ou nada ten que ver coa realidade do noso Concello, que é un pequeno Concello do rural e que como todo o rural ten as súas peculiaridades.Si quere ver a realidade e unha cousa se quere xustificar o inxustificable é outra.
Que o concello de Lobeira está en boas mans e o seu pensamento. Moitos bloqueiros, psoeistas, e independientes pensamos o contrario.Soñamos cunha Lobeira libre de caciquismos, mande quen mande.Probablemente vostede na súa teima non alcance a ver esta realidade.

resultados

quixera dicir un par de apuntes, ou tres, que creo son importantes
o bng en lobeira sempre contou pouco nunhas xerais ou autonómicas
agora ben, o 1 de marzo demostra un cambio importante na tendencia do voto
o BNG sobe un 63 % con respecto as autonómicas do 2005
o PSOE sobe 7 votos, un 4 % máis con respecto as do 2005
e o PP baixa un 40 % con respecto ao 2005
estes datos son importantes, creo que os veciños están fartos do pp e queren un cambio, e empezaron o 1 de marzo a enseñarlle ao alcalde e ao pp o camiño de sáida do concello