PROXIMO PLENO EXTRAORDINARIO 9 de Marzo de 2009
Para mañá Martes día 10 de Marzo foi convocado un Pleno Extraordinario cun único punto na ORDE do DÍA:
1-Aprobar, se procede, orzamentos ano 2009
Este novo Pleno ten que producirse polo feito de ter retirado, O Grupo de Goberno, este mesmo punto da Orde do Día no pasado Pleno do día 25 de Febreiro, por haber visto erros nos orzamentos presentados. Erros que ninguén puido definir cales eran. Agora de novo un gasto de 1.200 € ( 400 para o Alcalde e 100 para cada Concelleiro) por un novo Pleno que debemos considerar que se produce pola incompetencia do Sr. Secretario, si temos en conta as palabras do voceiro do Grupo de Goberno cando dixo que eran “erros de secretaría”.
A única realidade é que tales erros, si en verdade existían e ninguén detectou, ocasionan novos gastos as arcas do Concello e ninguén asume a súa responsabilidade.
Gastos ocasionados ao Concello pola aprobación dos Orzamentos 2009:
Comisión de Contas en que se aprobaron os primeiros orzamentos…………. 800 €
Comisión de Contas en que se aprobaron o novos orzamentos ………………. 800 €
Pleno do próximo Martes para aprobar os orzamentos corrixidos…………..… 1.200 €
Total ……………… 2.800 €
De esa cantidade o Sr. Alcalde, polos erros cometidos e aprobados na Comisión de Contas, embolsa 1.200 €.
OUTRO DATO:
Dende o día 19 de Febreiro ata maná, en que se celebrará o Pleno antes citado, é dicir en 2 semanas e media o Sr. Alcalde embolsa 2.000 € por “dirixir” un Concello en que nada funciona, como pode verse unha vez máis e no que ata aproban orzamentos con erros.
Agora xa podemos aumentar a lista das razóns polas que o noso Concello non pode asumir o gasto de 9.600 € que tería que aportar para poder beneficiarse dos Plans de Inversións da Deputación. Levan o diñeiro que o Concello precisaba para participar nos Plans de Inversións da Deputación. Si a nosa información non está equivocada diremos que Lobeira é o único Concello de Ourense que se queda no ano 2009 sen aparecer no Plan de Inversións da Deputación para 2009.
¡TODO UN EXEMPLO DE BOA XESTIÓN!
