PLENO EXTRAORDINARIO do CONCELLO de LOBEIRA 10 de Marzo de 2009

No Pleno Extraordinario celebrado no día de hoxe aprobáronse os Orzamentos Municipais para o exercicio 2009, cos votos dos concelleiros do Grupo de Goberno e o da concelleira Non Adscrita.
Cabe destacar que en ditos orzamentos dedícase máis do 80% a gastos de persoal, asistencias a Comisións, Plenos,Dietas, Viaxes, etc.
As inversións reais para o Concello son soamente de 9.554 € . Con relación ao exercicio 2008 baixaron un 32%. De 14.054 € no 2008 a 9.554 € para 2009.

Un informe do BNG explica que cada veciño aporta ao Concello 400 € anuais e recibe do mesmo en inversións 8,77 €. Igualmente informa que o noso Concello non aparece nos Plans de Inversións da Deputación de Ourense nin nos Plans da Rede Viaria da Deputación para o ano 2009.
Pódense gastar 800.000 € en manter en pe a pesada estrutura política e administrativa do Concello pero non teñen, ou mellor dito non lle quedan, 9.600 €, para poder participar no Plans de Inversións da Deputación.
As estimacións feitas polo BNG sobre as cantidades a percibir polo Alcalde están ao redor dos 36.000 € no ano.