O DON DA OMNIPRESENZA CHEGA A LOBEIRA

Cando éramos nenos, os cregos explicábannos que soamente Deus tiña o Don da Omnipresenza, tamén chamado da Ubicuidade. Os tempos teñen cambiado moito dende entón e agora semella que queiran amplialo algúns mortais. Parece, polo que se viu o día 1 de Marzo, que o Don que so tiña Deus, quere ser emulado por algúns dos seus ministros. Viven nun concello, traballan en outro e votan nun terceiro, no noso caso en Lobeira.
Certos comportamentos tan irresponsables, como irreflexivos, soamente nos producen desacougo e un pensamento que lamentamos non poder obviar:

¡Algúns fan que se perda a pouca relixiosidade que aínda queda!.