ACLARACIÓN da REDACCIÓN sobre OPINIÓNS e COMENTARIOS 21 de Marzo de 2009

Por un erro de manexo non tiñamos visto algunhas OPINIÓNS e por tanto non foron incluídas no seu día no espazo correspondente. Agora, observado o noso erro, acabamos de incluílas a excepción das que polo seu contido insultante ou ofensivo non deben ser publicadas. Pedidos disculpas aos comunicantes que non viron as súas OPINIÓNS no seu día, pero as mesmas entraban nun lugar da páxina que non previmos, nin vimos no seu momento.

Grazas a tod@s polas vosas aportacións de comentarios e opinións, que fannos manter esta liña de información aos lobeirenses, que tanto froito leva dado.