INCENDIO NA SERRA DO LEBOREIRO E MONTE DE GROU (III) 23 de Marzo de 2009

DSC_0043 peq.jpg

Onte pola noite e na madrugada de hoxe, continuaba o lume na Serra do Leboreiro e no Monte de Grou. Na mañá de hoxe soamente quedaba un foco no Monte de Grou.

As cruces das tumbas do adro de Santa Cruz, que se ven na foto, son toda unha mensaxe sobre a morte da fauna e da flora nos nosos montes, que é o que levan consigo todos estes incendios, que como di o comentario de “Lola” desertizan a nosa terra.

A foto foi tomada as 00:12 horas do día de hoxe

LOLA

Sr. Landa, parece que con por as fotos e decer que está ardendo a serra xa é suficiente. Que chova!
Parece que o que importa é criticar diariamente ao Alcalde e o demais non importa, se arde a serra que arda, xa parará... bueno pois deixémola arder. Cando tal non veremos mais ca penedos...
Non se enfade, pero eu penso que a serra do Leboreiro é o mais grande tesouro que tén o concello de Lobeira, o seu significado pola fronteira, é inmensa etc, e polo tanto o preservar ise tesouro tiña que ser unha tarefa prioritaria ¿Non cré?

Benquerida Lola

Dende Diario de Lobeira, no tema dos incendios, pouco máis podemos facer que informar as xentes do que ocorre. Si os medios son suficientes ou non, si as actuacións son as correctas ou non, non temos elementos de xuízo para valorar ditos extremos. Volve vostede ao tema do Alcalde, no caso de que non sexa outra "Lola". Si revisa as cartas e novas postas neste Xornal, hai máis de un ano, sobre incendios verá si se protestou no seu día cando eran temas que nos coñecíamos.
Eu penso que, como vostede di, a Serra do Leboreiro é un tesouro, que debemos defender todos. Aparece en www.baixalimia.com, apareceu no audiovisual: ¿Qué pasa en Lobeira? e non me pode culpar de non ter defendido dita Serra e aos seus habitantes. Eu persoalmente o día do incendio estaba á 1:30 sacando fotos para informar no Diario. Non quero preguntar onde estaba a xente de Lobeira pero pódolle asegurar que por onde pasei non se atopaba xente algunha. Eu soamente fun testigo de que durante toda a tarde e ata a noite estiveron dous hidroavións e un helicóptero colaborando nos traballos de extinción. ¡Deus queira que chova!, pero mentres isto non sucede, eu pregúntolle: que máis quere que se faga dende Diario de Lobeira ou faga eu a título persoal? Vostede pode participar, como fixo no anterior comentario, e nos publicaremos os seus puntos de vista. Saúdos
Arsenio Landa

lola

¿Quén é ou son os criminais que están queimando a nosa serra?
Por Dios que alguén poña remedio a esto, porque se algo temos ou nos queda é o que a nai natureza nos deu, a serra do Leboreiro, un paraíso natural de beleza sin igual.
¿Por qué todos os anos temos que vela arder ata que non vexamos mais ca penedos e non árbores?
Que vixien e o que collan poñendo lume que o metan dentro e arda como se estivera no inferno. que é o que merecen ises criminais!!!

LUME

O MONTE QUE ESTA ARDENDO TAMEN É O DE TORNEIROS. E NON TUVEMOS AXUDA DE NINGUN TIPO ATA AS 21:30. DESPOIS VIÑERON OS DE FORESTALES PARA DECIR QUE XA ESTABA ACTUANDO XENTE E LOGO APARACEU PROTENCION CIVIL DE LOBIOS. O LUME ESTABA O LADO DA GRANXA DOS PORCOS DO PEPE DA LAMA. GRAZAS POR AXUDARNOS