ÉXITO DO NOSO XORNAL 1 de Abril de 2009

Con gran satisfacción damos os resultados da evolución no uso do Diario de Lobeira. No mes de Marzo aumentou o número de visitantes distintos nun 31%, con relación ao mes de Febreiro. O número de visitas totais aumentou un 55% no mesmo período.
Dende Diario de Lobeira agradecemos aos nosos visitantes a súa boa acollida o que nos anima a seguir no traballo, que vai para dous anos que vimos realizando.
SEGUE..........

Dende o inicio tomamos como base, informar aos visitantes de canto acontece en Lobeira. As novas poden ser comentadas polos visitantes pero por razóns evidentes non colgamos comentarios que conteñan termos malsoantes, insultos e inxurias. Isto supón un traballo adicional, pero facémolo para evitar que o noso Diario sexa utilizado indebidamente por os que non son capaces de manter unha liña de expresión pública, dentro das elementais normas de educación e boas formas.
Cando, recentemente, do xornal dixital de La Región desapareceu a posibilidade de facer comentarios ás novas, por razóns que non coñecemos pero que supoñemos, noso modesto traballo ven a demostrar que é posible ter aberta unha liña de comentarios, aínda que supoña que teñan que ser filtrados, para impedir que puideramos chegar a unha situación na que nos vísemos obrigados a suprimir a posibilidade de poder participar, cousa que iría en claro prexuízo da liberdade a informar. A posibilidade que nos deu a todos La Región de poder expresar o que pensamos, vese agora truncada. Sen querer entrar nas causas de tal decisión non podemos menos que lamentar o feito, dado que por riba de restrinxirse as posibilidades de participación déixannos, aos que participamos en dito espazo na dúbida das razóns de tal decisión e moi especialmente aos que o fixemos sen ocultarnos en pseudónimo algún.
Arsenio Landa.
Redacción.