ENDEUDAMENTO DOS CONCELLOS DE OURENSE 8 de Abril de 2009

Informou La Región, o día 3 do presente mes, que os concellos ourensáns teñen unha débeda de 88.540.000 €.
As débedas por habitante nos Concellos de Galicia son de 671 € por habitante en Santiago, 458 € en Lugo e logo en terceiro lugar ven Ourense con 425 €.
Supoñemos que tales cifras deben representar as débedas totais dos Concellos.
Se os nosos datos son correctos, e así o parece, no caso de Lobeira e ata onde sabemos, as débedas son 134.000 € que é o déficit recoñecido polo Grupo de Goberno nos resultados do exercicio 2008, máis a débeda con Unión Fenosa que supera os 160.000 €, mais outras débedas a provedores varios por 320.000 €. Todo fai un total de 614.000 €, o que supón unha débeda por habitante de aproximadamente 614 €.
Aínda que non podamos establecer unha comparanza exacta do noso concello co das grandes vilas, non debemos esquecer que, en débedas, estamos por riba de todos, salvo Santiago de Compostela.

Reflexión: Cando visitamos as grandes vilas de Galicia, as medianas e os pequenos pobos, vense obras, melloras, servizos, instalacións, etc. realizadas en todas elas e pódese comprender que eses concellos podan ter débedas. No noso caso temos que preguntar: en que se xeraron as débedas, si nos non temos nada?. A resposta é ben simple: en gastar practicamente a totalidade dos ingresos do Concello en manter unha estrutura moi pesada e o que é peor inoperante e falta de toda lóxica. A subida de emolumentos do Sr. Alcalde e dos Concelleiros non ten a máis mínima xustificación.

Non se poden sacar cartos de onde non os hai e iso día a día, sen que ninguén controle o que está a pasar no noso Concello.
Non se pode ter xente cobrando e sen facer practicamente nada, ou cando menos nada para o Concello.
Non se pode negar ou retrasar a entrega á oposición de certificados, informes e documentación en xeral, que pode poñer en evidencia o que xa sabemos e o que probablemente nos queda por saber.
Non se poden gastar tódolos cartos, sen xustificar un mínimo de inversións e logo chegar ao extremo de suprimirlle ás xentes de Lobeira ata o magosto, que se celebraba tradicionalmente tódolos anos.
Non se pode soportar unha situación como a de Lobeira que continúa a ser penosa e unha vergoña para tódolos veciños.

presuposto de Lobeira 2009 bop de 22 04 209

O Pleno do Concello aprobou definitivamente o orzamento
para o exercicio económico de 2009, por acordo adoptado en
sesión plenaria extraordinaria que tivo lugar o día 10 de
marzo do 2009. En cumprimento do que dispón o artigo 169.3
do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que
se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas
locais, faise público que o devandito orzamento ascende,
tanto en gastos como en ingresos, á contía de seiscentos
dezanove mil vinte e seis euros con oitenta e dous céntimos
de euro (619.026,82 € ), correspondendo a cada capítulo o
seguinte detalle:
Estado de gastos:
a).- Operacións correntes:
Cap. I.- Gastos de persoal; 290.802,76 €
Cap. II.- Gastos de bens correntes e servizos; 163.151,60 €
Cap. III.- Gastos financeiros; 8.000,00 €
Cap. IV.- Transferencias correntes; 6.600,00 €
b).- Operacións de capital:
Cap. VI.- Investimentos reais; 144.554,22 €
Cap. IX.- Pasivos financeiros; 5.918,24 €
Suma total de gastos: 619.026,82 €
Estado de ingresos:
a).- Operacións correntes:
Cap. I.- Impostos directos; 100.000,00 €
Cap. II.- Impostos indirectos; 2.000,00 €
Cap. III.- Taxas e outros ingresos; 29.800,00 €
Cap. IV.- Transferencias correntes; 330.232,22 €
Cap. V.- Ingresos patrimoniais; 669,61 €
b).- Operacións de capital:
Cap. VII.- Transferencias de capital; 156.324,99 €
Suma total de ingresos: 619.026,82 €
Na referida sesión tamén se acordou aproba-lo cadro de persoal
desta Corporación que, de acordo co que preceptúa o art.
127 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, se
reproduce a continuación:
a).-Persoal funcionario:
Denominación; número; grupo; escala; subescala; nivel; titular:
- Secretaría-Intervención; 1; A1; habilitación nacional;
Secretaría-Intervención; 26; Rafael González Cao.
- Administrativo-xefe de negociado; 1; C1; administración
xeral; 22; Benito Iglesias Álvarez.
- Persoal de oficios; 1; E; servizos especiais; 14; José Manuel
Fernández González.
b).- Persoal laboral:
b.1.- Persoal laboral fixo:
- Oficial de servizos varios; 1; C2; servizos especiais; 14;
Antonio Zúñiga León.
- Auxiliar administrativo; 1; C2; secretaria xudicial; 14; María
José López Álvarez.
- Encargada da limpeza do grupo escolar e casa do concello;
1; E; limpadora; 14; Sara Rivero Rodríguez.
- Limpadora do centro de saúde; 1; media xornada; María del
Carmen Fernández Blas.
- Auxiliar de axuda a domicilio; Carmen González Pena.
Lobeira, 14 de abril de 2009. O alcalde.
Edicto

As debedas.

Sr. Alanda, parabenizalo por tan brillante raciocinio e pouco. Talvez sexa senon o comentario mais racional que vin nos ultimos tempos, un dos mais, daqueles postos nos dous veiculos dixitais em que se poden ver noticias de Lobeira.
Non hai como xustificar estar o par com Santiago, em debeda per capita, aun que Nosa Senora do Viso non deva nada ó apostolo em importancia (relativa per capita, pois a fé dos lobeirenses en nada sera menor que a do povo compostelense).
Faltan politicas. De todos os matices. Pero para habelas, hai que haber politicos. E iso, esta claro que Lobeira non os ten dende tempos.
Creio que non hay solucion senon, polo voto, escoller homes honrados, que saiban traballar a cousa publica, dandolle o que lle e devido.
De lonxe contemplo as malas noticias e solo hoje me atrevo a escribir neste espacio, tan solo para decir que, mismo daiqui, de lonxe, espero sufragar en breve algun politico que non vai trair a confianza nel depositada.
Viva Lobeira e os lobeirenses de ben.
Felix Vazquez/Brasil/fbvazquez@yahoo.com.br