ROMARÍA DE A NOSA SRA. DO VISO
O pasado domingo día 31 de Maio celebrouse a tradicional Romaría de A Nosa Señora do Viso. Despois da subida en procesión da imaxe da Virxe dende a Igrexa Parroquial de San Vicente de Lobeira ata a Ermida do Viso, celebrouse a Santa Misa, momento que recolle a foto que engadimos. Este ano o tempo axudou a que foran moitos os romeiros que asistiron a esta romaría de secular tradición. Familias enteiras levaron as habituais viandas para o xantar ao aire libre e os postos de pulpo, carne ao caldeiro e churrasco estiveron a tope. Unha vez máis demostrouse que son principalmente as xentes da bisbarra os que manteñen esta romaría coa súa presenza. Debemos dicir que a diminución de grupos de gaiteiros, que se ven producindo nos derradeiros anos, é de lamentar pero non afecta a esencia da tradicional Festa do Viso.

