TEXTO DA MOCIÓN PRESENTADA HAI MÁIS DUN ANO SOBRE O VELORIO 23 DE Xuño de 2009

Engadimos texto da moción presentada no mes de Febreiro de 2008 polo BNG, sobre o lugar a construir un velorio. O Sr. Alcalde sin ter en conta a opinión da oposición, dos veciños e sobre todo sin aplicar a máis leve lóxica a este asunto, ten comezado a obra. En tal serie de desatinos non sería de extranar que cando se remate a obra o velorio levase tamén o nome do Alcalde, como fixo co tramo da estrada que atravesa Santabaia, As Quintas e a Vila.
E nos preguntámonos unha vez máis:
É que non hai ninguén que lle faga ver ao Sr. Alcalde, que existen sitios máis axeitados e de menos coste para o que pretende facer?.
É que hai algunha causa lóxica para que o Grupo de Goberno acepte semellante disparate?.

O que está a ocorrir día a día en Lobeira é de vergonza e ise si que é un velorio do que o único responsable non é soamente o Alcalde.

SEGUE A MOCIÓN.............

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE LOBEIRA
Antón Álvarez Álvarez, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Lobeira, ao abeiro do disposto na Lei Galega de Administración Local e demais, de pertinente aplicación, presenta a seguinte MOCIÓN A RESPEITO DA CONSTRUCIÓN DUN VELORIO NO NOSO CONCELLO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A intención do alcalde de querer desafectar uns terreos dotacionais de uso público para construír un velorio colisiona, ao noso modo de ver, coa normativa vixente para este tipo de construccións, máxime tendo en conta que nas inmediacións deses terreos existe unha única instalación deportiva de titularidade municipal.

No BNG estamos dacordo coa construcción do velorio (xa ía no noso programa), e así o temos manifestado en diversas ocasións, pero non estamos dacordo coa ubicación que se pretende por parte do señor alcalde.

Nós entendemos que é necesaria buscar outra ubicación que sexa compatible coa legalidade urbanística e que non afecte a única instalación deportiva coa que conta o concello, así como a edificios tan singulares como o centro médico, o cuartel da garda civil, e o CEIP, en definitiva, a nosa proposta pretende ser unha proposta de consenso, que conte co respaldo veciñal e que non moleste.

Por todo o anterior, SOLICITAMOS a adopción do Pleno do seguinte

ACORDO

O CONCELLO DE LOBEIRA, PREVIO CONSENSO DOS GRUPOS POLÍTICOS E ESCOITADA A OPINIÓN VECIÑAL, PROCEDERÁ O MÁIS AXIÑA POSIBLE A CONSTRUCCIÓN DUN VELORIO NUNHA UBICACIÓN DISTINTA Á PREVISTA POLO GRUPO DE GOBERNO, DE TAL XEITO QUE A CONSTRUCCIÓN DESTE DISPOSITIVO NON XENERE PROBLEMAS PARA A CIDADANÍA E CUMPLA RIGOROSAMENTE A NORMATIVA URBANÍSTICA.

En Lobeira a, 18 de febreiro do 2008

Asdo: Antón Álvarez Álvarez