AS CASAS ESCOLAS (II) 20 de Agosto de 2009
Ao contrario do feito en Muíños, no Concello de Lobeira as Casas Escolas foron vendidas hai moitos anos. Unha venta lamentable e de dubidosa legalidade. Moitas delas foron construídas nos comunais dos pobos e por tanto deberían pasar á propiedade dos mesmos. O Concello malvendeu este patrimonio e os pobos agora non poden contar con locais para usos sociais. Aínda máis, teñen que sufrir o lamentable estado de ditas Casas Escolas. Todo un exemplo de mal facer.
Na foto a Casa Escola de Santa Cruz, que como pode verse se atopa en estado totalmente ruinoso.

