NOTA DE PRENSA DO BNG 7 de Outubro de 2009
Engadimos Nota de Prensa que nos enviou o BNG de Lobeira.
AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN
O Partido Popular, por medio do seu portavoz na Comisión Especial de Contas, explicou que se vai convocar un Pleno extraordinario, ao efecto, para a aprobación da Conta Xeral, por certo fóra de prazo e incumprindo un precepto legal que é que a Conta Xeral deberá ser sometida a informe antes do 1 de xuño do ano en curso.
O BNG expuxo, na mesma Comisión, que tendo en conta que a finais deste mes toca a celebración do Pleno Ordinario non tería sentido a celebración dun extraordinario monotemático pois o único que xeneraría sería doble gasto para o concello. Entendemos que nestes momentos de difícil situación económica, especialmente para os concellos, e en particular para o noso, hai que intentar reducir e racionalizar o gasto ao máximo.
A celebración dun único Pleno, onde se poidera someter a consideración a aprobación da conta xeral suporía un aforro importante para as arcas municipais.
Da a sensación de que o alcalde e o seu grupo de goberno teñen escaso interés en aforrar, cuestión xa posta de manifesto polo BNG cando no último Pleno celebrado presentou unha proposta para aforro e contención do gasto público, de perto duns 30.000,00 € , que se poderían dedicar a construción de importantes obras das que carece o concello, proposta que foi rexeitada polo Partido Popular.
Lobeira, 5 de outubro de 2009
