PLENO DO CONCELLO DE LOBEIRA 14 de Outubro de 2009
No día de hoxe celebrouse un Pleno cun único punto na Orde do Día: Aprobación da Conta Xeral do 2008.
Quixeramos facer unha serie de preguntas para que os lectores se entreteñan en ver si é verdade o que imos a expoñer.
1- Neste mes haberá dous plenos. Un xa indicado e logo dentro de 15 días outro con dous puntos na Orde do Día: 1º Aprobación da acta da sesión anterior e 2º Rogos e preguntas. Con tales puntos a tratar, ¿cómo se pode comprender que non se faga un solo Pleno?. ¿Será para tirar coma sempre do “teto”?. Se se calcula o que cobran o Alcalde e os Concelleiros por Pleno e se contan os poucos minutos que durou, ¿saben canto nos custa aos contribuíntes cada minuto de pleno?. Fagan contas.
2- Nas contas presentadas o Concello recoñece unha débeda no exercicio 2008 de case 135.000 €. ¿Será verdade que o Concello non debe nada máis?.
3- ¿Será verdade que existe unha carpeta no Concello que ten facturas, non contabilizadas, por valor de case 220.000€ ?. ¿Será verdade que estas cantidades non figuran nas contas?
4- ¿Non considera o Concello nas súas contas a débeda que ten con Unión Fenosa, que era a principios de ano de 155.000 € e que supoñemos diminuída, si se foron pagando os prazos acordados?.
5- ¿Non lles parece aos lectores que si o exposto é certo a débeda real será o resultado de sumar a os 135.000 € o que supoñan os puntos 3 e 4 ?.
Por outra veira a inversión real do Concello para 2009 vai ser de 9.500 €. O resto dos orzamentos, ao redor de 500.000 €, vanse en gastos de persoal, cantidades percibidas polos membros da corporación e outros gastos xerais.
Si temos en conta os veciños existentes no Concello, resulta que por cada veciño deben entrar no Concello ao redor de 500 € e o que o Concello lles aporta de media a cada veciño en forma de inversións son 12 €.
¡E SEGUIMOS A DURMIR!
