PLENO DO CONCELLO DE LOBEIRA (I) 28 de Octubre de 2009

P1000119.jpg

O pasado mércores día 28, celebrouse un Pleno no Concello de Lobeira ao que asistiron os cinco membros do Grupo de Goberno, os tres do BNG e faltou a concelleira do grupo non adscrito (Antes PSOE).

SEGUE INFORMACIÓN SOBRE O PLENO, ONDE SE APROBARON AS NOVAS E DESCOMUNIAS TAXAS DE RECOLLIDA DE LIXO........

A maior parte do tempo consumiuse na lectura e aprobación da proposta da Deputación de Ourense, referente as taxas de recollida do lixo. Tales taxas foron aprobadas, coa maioría do Grupo de Goberno, co voto en contra do BNG. Suporán aumentos que van dende o 39 % ata o 300 %. Así unha vivenda en zona rural pasa de pagar 36 € ao ano a 50 €. Na Vila de Lobeira pasa de 36 € a 62,50 €. Para os restos que non corresponden á recollida por pobos a situación é a seguinte:
As persoas empadroadas en Lobeira e que pagan a taxa de lixo deben levar, pola súa conta, os residuos ao Punto Limpo de Muiños, único Concello que o ten, cando menos operativo. Alí poderán descargalos.
As persoas, que non estean empadroadas en Lobeira, aínda que paguen as taxas de lixo, deberán igualmente levar os seus residuos, pola súa conta a Muiños e pagar taxas por cada tipo e unidade de residuo que se descargue.

¡AÍNDA QUE PARECE UNHA BROMA DO ENTROIDO OU SANTOS INOCENTES ESTA É A PURA REALIDADE!.

Lembrar que a taxa de lixo estaba, hai aproximadamente dous anos, en 18 €, entón subiuse a 36 e agora, no caso máis pequeno, a 50 é dicir un 178 %.

¡¡¡ E LOBEIRA A DURMIR !!!