PLENO DO CONCELLO DE LOBEIRA (II) 28 de Outubro de 2009
Ante a imposibilidade de dicir nunha breve crónica todo canto se dixo, como se dixo e as actitudes habidas neste Pleno, con feitos de total falta de transparencia, de falta de actitudes democráticas, e o que é tanto ou mais grave, de falta de todo sentido común- cousas tan lamentables como xa habituais nos Plenos de Lobeira- limitarémonos a destacar o seguinte:
A actitude lamentable do Sr. Alcalde, agachado a maior parte do tempo detrás dun monitor (como pode verse na foto que engadimos), sen que se lle poidan case escoitar os seus lamentables comentarios.
As verbas do Sr. Alcalde, ditas repetidamente cando tiña a palabra o voceiro da oposición, tales como
"que diga o que queira, que nos imos votar"
"nos xa contestaremos por escrito, como facemos sempre"
"imos pasar a votación pois non imos pasar aquí todo o día"
"a min ninguén vai a moverme a silla"
ou
dirixíndose ao 2º Tenente de Alcalde e Voceiro do Grupo Popular
"non lles contestes nada e imos votar"
A guinda da sesión púxoa o Secretario do Concello cando referíndose a que o Voceiro do BNG non tiña acabado a súa exposición, dirixiuse ao Alcalde dicindo: "e que ELES aínda queren dicir algo máis". Ese ELES, ademais dunha falta total de educación e de respecto a un Concelleiro, parece supoñer un claro posicionamento da súa parte. Coma sempre volve o xa famoso NOS e ELES. ¡OS MEUS!
Esta lamentable sesión ben a demostrar, unha vez máis, a incapacidade total do noso Alcalde para rexer un Concello co espírito e talante democrático que esixen os tempos actuais.
¡ E LOBEIRA A DURMIR !

