INCOHERENCIAS DOS POLÍTICOS 27 de Xaneiro de 2010
Mentres o Presidente do PP de Galicia dicía hai poucos días, ante a prensa, que habería que anexionar os concellos pequenos a outros maiores e facía de isto una cuestión de Estado, en Lobeira a “Xunta de Desgoberno” tomou, no seu día, a decisión de gastar o 38 % do total do diñeiro que lle correspondeu polo Plan E, en mellorar a Casa do Concello. ¿Non habería outros sitios máis necesitados onde gastar os cartos?. Veña a derruír muros de formigón e facelos de novo en pedra, para ampliar o aparcamento e que caiban mellor os coches á porta do Concello. Entre tanto existen camiños nos pobos en que non pode entrar unha ambulancia. Non nos gusta nada a idea do Sr. Feijoo de anexionar concellos, pero si non poden ou non saben buscar solucións para o rural, chegará o día en que esa será unha triste realidade. Mentres chega ou non tal día para o noso concello, os nosos rexedores gastan os cartos en mellorar a casa que consideran da súa propiedade.
¡Que triste realidade!
É cando menos triste e increible que en pouco máis de dous anos, o individuo este chamado alcalde,(perdon....sr.alcalde), suba o lixo de uns 18 euros a un minimo de 50 euros...e o que é máis lamentable é que os cinco títeres do alcalde voten si....É que a caso non saben que estamos nunha zona empobrecida?,é que non saben que estamos nunha das zonas onde non hai traballo ningun e o pouco que hai é moi precario?...Este governo parece vivir nunha continua inolucuencia total...
Pero....con si con sa....de novo faise unha obra que non sirve para na, máis que pa que o SR.Alcalde aparque o seu todo terreo cómodo e a medio paso do seu estupendo sillon....
É cando menos lamentable que haxa camiños con buracos,ruas onde non pasa un coche,nin ambulancia,camiños moi mal asfaltados e perigosos...
O máis triste é que o pobo votoulles... Deus queira que non se repita se non o noso concello...vai ser o único concello fantasma do estado español

