CONVOCATORIA PARA PERSOAL do GDR (PROGRAMA LEADER 2007-20013) 5 de Febreiro de 2009

O GDR-16 (Celanova e Baixa Limia)convoca a contratación dun xerente e dun técnico administrativo.
A sede do GDR será en Celanova.
Documentación e información en http://www.ovieiroleboreiro.com
Engádese a convocatoria..... SEGUE

EDICTO PUBLICACIÓN CONVOCATORIA PERSOAL TÉCNICO DO GDR-16

CONCELLOS COMARCAS CELANOVA E BAIXA LIMIA
ANUNCIO

De conformidade co acordo da Xunta Directiva de data de 19 de decembro de 2009 da Asociación O VIEIRO LEBOREIRO GDR-16, procédese á convocatoria de dúas prazas: un/ha Xerente e un/ha Administrativo/a-Técnico/a.
O equipo técnico encargarase da información e asesoramento á poboación sobre os fondos Leader e outras posibilidades de desenvolvemento e recursos, así como do acompañamento e asesoramento na xestión dos proxectos presentados ó programa Leader.
1. Forma de selección: concurso de méritos.
A selección realizarase en tres fases. A puntuación máxima será de 100 puntos:
- 1ª Fase: valoración de méritos. Poderase obter ata un máximo de 25 puntos.
- 2ª Fase: proba escrita, axustada ás funcións de cada posto. Poderanse obter ata 50 puntos.
- 3ª Fase: entrevista. Ata un máximo de 25 puntos.
2. Valoración de méritos
De carácter excluínte. A comisión de selección elixirá ós 12 mellores candidatos por praza para a seguinte proba (se non houber 12 pasarían todos).
3. Requisitos
Establécense requisitos mínimos de titulación:
- Xerente: diplomatura universitaria, enxeñeiro técnico, licenciado, enxeñeiro.
- Administrativo/a-Técnico/a: FPII, diplomado, enxeñeiro técnico.
Outros requisitos:
- Celga 4, curso de Perfeccionamento de galego ou formación equivalente.
- Permiso de conducir B.
- Dispoñibilidade horaria, para desprazamentos e dedicación exclusiva.
4. Lugar e prazo de presentación das instancias.
As instancias debidamente cubertas (anexo I) xunto co currículo vitae (anexo II) deberán ser entregados no prazo de 15 días contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no diario La Región en:
Asociación O VIEIRO-LEBOREIRO GDR-16,
Concello de Gomesende, Casanova 1, C.P. 32212, Gomesende.
As bases completas están a disposición dos/as interesados/as no portal oficial da Asociación O VIEIRO LEBOREIRO GDR-16: http://www.ovieiroleboreiro.com
O presidente da Asociación O VIEIRO LEBOREIRO GDR-16.

Asdo.: XAN CARLOS FERNANDEZ RODRIGUEZ.