QUE PASA COA AUGA DE LOBEIRA 28 de Marzo de 2010

É normal que o Departamento Territorial da Conselleria de Sanidade e da Area de Infraestructuras e Servizos da Deputación Provincial, teñan comunicado ao Concello de Lobeira repetidamente en 2009 que a auga empregada para consumo domiciliario non era válida para tal fin? Como pode continuar a mesma situación en 2010?. Como non toma o Concello medidas para evitar este grave problema?. É o Concello incapaz de resolver o problema? . Limitase a labor do Concello a dar conta á Xunta de Goberno da existencia de tales informes? . Como non se lle comunica aos veciños esta lamentable situación?

QUE ESTÁ A PASAR COA AUGA?
QUE ESTÁN A BEBER OS VECIÑOS DE SANTA BAIA, AS QUINTAS, E A VILA?

A auga de Lobeira

O mínimo é ternos informados,para non usála para consumo humano. Isto é moi grave. E a oposición cala ou non se enteira? Merecemos unha verdadeira oposición, non soio unha oposición de fin de semán. Tamén vou pensar a posibilidade de non pagar a auga...