OS CARBALLOS DE LEONOR 28 de Marzo de 2010
Ao comezo desta semana e de acordo ao que nos informaron, unha brigada da Deputación procedeu á poda dos carballos existentes fronte a Farmacia de Lobeira (os chamados “Carballos de Leonor”). Existen moi diversas versións de quen pediu e quen autorizou tal poda. Queixase algunha xente da poda, outros do destino dado a leña cortada e no día de hoxe podíase ver unha pancarta pendurada dun dos carballos, tal e como se pode ver na foto.
Neste xornal non imos a entrar sobre a conveniencia ou non dunha poda como a feita. Do destino da leña cortada xa nada nos sorprende, pois xa existen outras historias sobre o asunto das que se deu conta nestas páxinas no seu día.
É o Sr. Alcalde quen debe dar unha explicación de todo o acontecido. Si non o fai é que segue a considerarse con capacidade para tomar decisións que deberían ser postas en coñecemento dos veciños.
ESA PANCARTA EN LOBEIRA, SIGNIFICA QUE OS VECIÑOS COMEZAN A ESPERTAR DO SEU SONO?

