OS CARBALLOS DE LEONOR NA TVG 2 de Abril de 2010

Engadimos link a TVG para que nosos lectores poidan ver o reportaxe que dita cadea dedicou á poda dos Carballos de Leonor, cos comentarios de veciños de As Quintas

http://www.agalega.info/videos/?emi=9813&corte=2010-03-31&hora=14:03:13&...

Os carballos das Quintas

Verdadeiramente parece excesiva a decota, pero alguén a tuvo que mandar facer porque os da Deputación non creo que viñeran así de casualidade. O de levar a leña tamén "manda carallo", bén a podían deixar pros veciños, digo eu.
Non me gustou a intervención dos que sairon na TVG, partidistas tdos de quen sabemos, ou o pior inda familiares de concelleiros da oposición. A democracia consiste en escoitar ou emitir diferentes opinións, vamos digo eu tamén. Non só as dun lado.
Lola

Resposta a Lola.

Lola, comparto a túa opinión de que se deben expresar todalas tendencias, pero a opinión dos que "desgobernan" xa está expresada cos seus feitos: RAPE AO CERO. A leña podíase repartir moi ben polas parrillas do Viso, as Motas ou a Sindical. Pero esta xentuza non veu a SERVIR, veu a SERVIRSE (anque pareza unha paradoxa, porque NON SIRVEN PARA NADA).Leboreiro.

LOLA

Estou contigo en case todo, Leboreiro. Outra cousa ¿Por qué de repente lle empezan a chamar os carballos de Leonor? ¿Quén é ou foi esa señora?
Eu xa teño os meus anos e nunca ouvira tal nome, sempre foron OS CARBALLOS DAS QUINTAS.
¿Por qué esa leña non se repartiu nos sitios que indicas? Penso que o millor é o precio que cobra a Deputación por facer ise traballo, pero nise caso millor o houbera feito algún veciño, que ademáis lle quere a ises centenarios carballos.
Esperemos que non morran, porque sería unha grande perda pra todos e especialmente para Eduardo e os outros veciños de arredor.