A FOSA SEPTICA DE AS QUINTAS (II) 8 de Abril de 2010
Nesta foto tomada onte, día 07 Abril 2010, pódese ver a situación actual da fosa séptica de As Quintas.
Para nos foi, en principio, unha agradable sorpresa ver que se tiña reparado o que tiñamos denunciado no seu día. Pero a nosa ledicia durou pouco cando varios veciños de As Quintas nos informaron de que o único que había feito o Concello era meter un tubo de desagüe, de xeito que as augas fecais seguen saíndo directamente ao rego sen pasar pola fosa. Se así fose e os veciños teñen razón, o Concello o que presuntamente tería feito é intentar enganar aos veciños e tamén ós organismos competentes en materia de sanidade, ocultando a realidade, o que sería moito máis grave. Estamos á espera de poder aclarar esta situación dado que si os veciños non están equivocados está xa sería a GOTA DE AUGA FECAL que enchería o copo da falta de sanidade das augas en Lobeira.
Vai facer 3 anos que o noso Excmo. Sr. Alcalde pasou por o pobo de Torneiros pedindo os votos para volver ser elexido Alcalde. Todo o mundo escoitou o no Excmo. Sr. Alcalde e despois houbo varios veciños que lle expuxeron que por favor non se esquecese de limpar as fosas sépticas do pobo xa que estaban cheirando os sumidoiros das casas dos veciños e dende que foran feitas as FOSAS NUNCA SE LIMPARAN. A resposta do Excmo. Sr. Alcalde foi que ese día NON ERA O DÍA APROPIADO PARA PEDIR NADA. Entonces a petición do pobo o pedaneo meteu un escrito no Concello para solicitar a LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS. En resumo que a xente segue tendo o cheiro nas suas casas e as FOSAS sépticas SEN LIMPAR. Iso é o que pasa no pobo de TORNEIROS que pertence o Concello, aunque as veces parece que non existe.
Sr. ALanda a súa laboura é cáseque heroica,pero onde hoxe cheira mal de veras é na casa do concello. O que acaban de facer co VELORIO é de xulgado de guardia. Acaban de llo regalar a un empresario do sector. Pódese facer esto cun ben público?. Os seus concelleiros saben na que se meten?. Os lobeirenses ímolo consentir?. Se esí ocorrera, eu exíliome.

