UNHA HISTORIA BEN FÚNEBRE 19 de Abril de 2009

Hai xa bastantes anos atopeime cun amigo, empresario de servizos fúnebres, cando saía da Farmacia de Lobeira. Pregunteille que facía por alí e respostoume que estaba intentando facer un Tanatorio en Lobeira, pero que non atopaba nin apoio nin axuda por parte do Alcalde. Vamos que o Sr. Alcalde non vía a necesidade dun lugar para velar os mortos de Lobeira. Chegou con que o PP perdese as eleccións autonómicas e que a oposición de Lobeira levase no seu programa a construción dun Tanatorio para que lle entrasen tamén as ganas ao Sr. Alcalde. Debeu considerar que era perigoso, para os seus intereses cando menos electorais, que outros viñeran a facer o que el non quería. Logrou sacarlle a Deputación a construción do Tanatorio, instalándoo no lugar menos adecuado, como xa expuxemos en outras ocasións e tomando decisións en Comisión de Goberno, en contra do acordado por unanimidade en Pleno. Unha mostra máis de como fai o que quere, sen ter en conta a lóxica, o sentido común e as opinións dos que representan a unha importante parte do Concello de Lobeira. ¡Toda unha lección de actuación ditatorial e caciquil!.

Pero, como era de esperar, agora chega a triste realidade das consecuencias dunha tan desafortunada actuación. Si lle facemos caso aos comentarios que circulan pola Vila e por desgraza ao parecer son verdadeiros o Concello acaba de alugar o Tanatorio, FEITO CON DIÑEIRO DOS CONTRIBUÍNTES, a un empresario do sector, pola módica cantidade de 50 € ao mes. Tamén se dí que o consumo da luz correrá a cargo do Concello.

¡ISTO XA É A GOTA QUE COLMA O VASO!.

Que trexemanexes se trae o Alcalde para regalar un negocio feito con diñeiro público a un particular, que por certo non é o que eu vin en Lobeira e que quería facer o Tanatorio pola súa conta.

Imos continuar a ver ao PP provincial e rexional a consentir estas actuacións que son de Xulgado de Garda?.

Non terá un intre o novo Presidente Provincial do PP para mirar para Lobeira e tomar unha decisión que non quixo tomar seu pai?.

IMOS SEGUIR POR MÁIS TEMPO AS XENTES DE LOBEIRA SOPORTANDO, COA PASIVIDADE DO PARTIDO POPULAR, ESTES ATAQUES CONTINUOS A NOSA DIGNIDADE?.
Arsenio Landa

SÓ É UNHA PREGUNTA...

Eu supoño que o que non é de recibo é ise precio de aluguer, simbólico (podía ser de 1 euro), pero ¿Quén iba xestionar o Velorio? Ises servicios polo regular os concellos alúganllos a empresas do sector, a cambio de unha remuneración para o concello e unhas condicions para os veciños. Non son experta no caso, pero o que está claro e que non hai ninguén no concello, millor dito no axuntamento que poida levar o Velorio, xestionalo adecuadamente.
Por eso había que darllo a unha empresa. O que non entendo é o precio.
Lola

VENTAS FUNEBRES

Lola, permíteme que che diga que confundes ALUGAR con REGALAR, e que, en democracia, os contratos públicos non se adxudican "A DEDO" senón mediante CONCURSO PÚBLICO. Por certo, o asesor xurídico do concello exercéu as súas funciós?. É de supor que sí, porque senón habería que falar de máis culpables ca os cinco concelláis do PP. Todo se andará.Leboreiro