ONDE CARALLO ESTÁ? 20 Abril de 2010

Deberíamos poñernos moi ledos, se temos en conta a nova dada hoxe por La Región de que seis concellos ourensáns aspiran a ser a porta de entrada ao Parque Natural Xurés-Gerés e que os equipos técnicos dos concellos de Entrimo, Calvos, Muíños, Bande, Lobeira e Lobios xa están traballando nas súas propostas. Cita La Región a proposta de Entrimo, Muíños, Bande e Lobios, pero nada di referente ao Concello de Lobeira. Isto pode ter moitas explicacións pero a min, coñecendo a nosa situación, soamente me cabe unha:

ONDE CARALLO ESTÁ O EQUIPO TÉCNICO DE LOBEIRA?
Arsenio Landa

ENGADIMOS LINK COA NOVA DE LA REGIÓN

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/04/20/0003_8429784.htm

Xulio AD

Se van facer coma co PANTALAN... tanto tén. Que recen para que non lle fagan devolver os cartos elí invertidos, que era o xusto. Debíalles dar vergonza (se a tuveran) ver o que fan no Corgo en Muiños, e nós eiquí, á carón dunha Nacional, deixando apodrecer unhas instalacións que custaron máis de trinta millós das antiguas pesetas. Son unhos INEPTOS!!