MÁIS SOBRE O TANATORIO 20 de Abril de 2010

Como ampliación a nova sobre o Tanatorio de Lobeira e en resposta a un comentario feito sobre a mesma, compre dicir que os Concellos que fan unha concesión de explotación dun ben público a un particular, débeno facer mediante un concurso e ata onde sabemos tal concurso non tivo lugar.

Ademais do que dixemos na anterior nova, cabe completar a información co seguinte:
O custo, ás arcas públicas, do Tanatorio foi de 135.000€.
A instalación de mobiliario vai correr tamén por conta do diñeiro público, como nos consta
A luz tamén vai pagala, presuntamente, o Concello.

E as pregunta do millón son:

COMO PODE O CONCELLO ALUGAR POR 50 €/ MES UNHA INSTALACIÓN DE 135.000 € CORRENDO ADEMAIS COS OUTROS GASTOS?.

CANTO LLE VAI CUSTAR AOS VECIÑOS DE LOBEIRA A UTILIZACIÓN DO TANATORIO, CANDO TEÑAN A DESGRAZA E A NECESIDADE DE TER QUE VELAR AOS SEUS MORTOS?

TECNOLOXIA DIXITAL EL LOBEIRA

Sr. Landa , o que pasa é que iste alcalde pensa que aplicar a tecnoloxía dixital é FACER AS COUSAS A DEDO, e nesas anda.