O PLENO DOS CALADIÑOS 29 de Abril de 2010

As 9:30 h. do día de onte celebrouse un Pleno Ordinario no Concello de Lobeira. Antes de facer a crónica do mesmo temos que dicir que si os outros plenos, dos que temos dado noticias, os cualificamos de surrealistas o de onte chegou a límites que difícil será que os lectores entendan que se poidan manter actitudes como as que imos a expoñer e que reflexan a triste realidade do noso Concello.

XA É DE TODOS COÑECIDA A PERMANENTE E INADMISIBLE ACTITUDE DO ALCALDE, PERO COMO PODEN AS XENTES DO SEU GRUPO DE GOBERNO CONSENTIR ESTE PERMANENTE ATAQUE A DIGNIDADE DAS XENTES DE LOBEIRA?.

SE O LECTOR TEN A PACENCIA DE SEGUIR TODA A CRÓNICA VERÁ POR QUE A TITULAMOS COMO O PLENO DOS CALADIÑOS.

SEGUE O RELATO VERAZ E PUNTUAL DO VERGOÑENTO PLENO DE ONTE……….

Orde do día
1- Lectura e aprobación da Acta anterior.
2- Asuntos urxentes.
3- Rogos e preguntas.
Como se pode ver polo Orde do día e polo que imos relatar, o Grupo de Goberno non tiña nada que levar ao Pleno. Dito de outra maneira: serven os Plenos para algo máis que para cobrar as dietas de presenza?
1- Aprobouse a acta da sesión anterior por unanimidade.
2- O Grupo do BNG presentou unha moción para que o Concello solicitase a Xunta que durante os meses de verán se reforzaran as gardas médicas, debido ao aumento de poboación que fai insuficiente as dotacións habituais. Aprobouse por unanimidade.
3- Neste punto o BNG fixo as preguntas que se relacionan seguidamente de forma numerada, visto que foron moitas.

3.1 Preguntou o voceiro do BNG ao Sr. Alcalde si a Alcaldía sabía que, de acordo aos 6 escritos recibidos nos últimos seis meses dos organismos competentes en Sanidade Pública tanto da Consellería de Sanidade como da Deputación Provincial, a auga da traída en Meás, As Quintas e a Vila non era apta para o consumo humano. O ALCALDE LIMITOUSE A DICIR QUE XA DARÍA ,COMA SEMPRE, A RESPOSTA POR ESCRITO. INVITOU AO VOCEIRO DO BNG A QUE NON SE REPETISE E INTERRUMPIUNO DICÍNDOLLE QUE NON SE REPETISE COMA SE FOSE UN DON JUAN. CANDO O CONCELLEIRO LLE DIXO QUE NON O INTERRUMPIRA, DADO QUE ESTABA NO USO DA PALABRA A RESPOSTA DO ALCALDE FOI: EU PODO, EU PODO ENTERRUMPILO.
Preguntóuselle tamén se tiña comunicado o Concello aos veciños esta situación e si os veciños por tanto o sabían. CONTESTOU O ALCALDE DICINDO: EU SI O SEI, POLO MENOS.DESPOIS DUN SILENCIO O SECRETARIO TIVO QUE AVISAR AO ALCALDE QUE ESTABAN ESPERANDO UNHA RESPOSTA E O ALCALDE DIXO: XA A DAREI POR ESCRITO.
Logo o voceiro do BNG dirixiuse aos concelleiros do Grupo de Goberno para demandarlles se non tiñan nada que dicir sobre isto. NINGUÉN ABRIU A BOCA PARA DAR RESPOSTA Á PREGUNTA.

3.2 Pediu o voceiro do BNG que informara a Alcaldía do que ocorre coa fosa séptica de As Quintas. Ante a falta de resposta explicou todo o que ten acontecido coa fosa, as denuncias habidas e de cómo a Alcaldía o único que fixo foi ocultar a verdade. Acusou ao Alcalde de mentir sobre o tema e non dar solución algunha. O ALCALDE DIXO: XA DIXEN MIL VECES QUE EU SOAMENTE RESPONDO POR ESCRITO.
Logo o voceiro do BNG dirixiuse aos concelleiros do Grupo de Goberno para demandarlles se non tiñan nada que dicir sobre isto. NINGUÉN ABRIU A BOCA PARA DAR RESPOSTA Á PREGUNTA.

3.3 Pediu o voceiro do BNG que se lle informase verbalmente e se lle aportasen todos os documentos dos dous derradeiros anos referentes a contratación de Dona María del Carmen Vázquez Infiesta polo Concello de Lobeira.
Pediu tamén se lle informase do seguinte: a)Nivel profesional da persoa antes citada en relación coa súa contratación.b) Funcións que tiña que realizar a contratada. c)Tempo de dedicación ao seu traballo. c) Se se alcanzaron os obxectivos para o que foi contratada.d) Que tipo de xornada lle correspondía facer de acordo ao contrato. e) As razóns polas que os TC1 de dita traballadora e do resto do persoal non estan pendurados no taboleiro do Concello como está lexislado.
O ALCALDE RESPONDE : ¡TODO POR ESCRITO!.
Logo o voceiro do BNG dirixiuse aos concelleiros do Grupo de Goberno para demandarlles se non tiñan nada que dicir sobre isto. NINGUÉN ABRIU A BOCA PARA DAR RESPOSTA Á PREGUNTA.

3.4 Pediu igualmente o voceiro do BNG unha explicación á Alcaldía sobre o seguinte:
O BNG pediu a Consellería de Medio Rural nos tempos do Bipartito a realización de 9 proxectos en Lobeira con cargo a dita Consellería, por un valor de 90.000. A Consellería aprobou 8 obras por valor de 90.000 €. Logo a Consellería de Rural xa co PP na Xunta comunicou a posta en marcha de soamente 4 proxectos por valor de 90.000 €. Finalmente aparece un panel da Consellería con dúas obras por valor de 51.000 €. Preguntou o voceiro do BNG que tiña ocorrido cos outros proxectos e co resto do diñeiro ata 90.000 € concedidos. Dixo: Onde están os cartos ou que destino se lle deu aos mesmos? NADA RESPONDEU O ALCALDE .
Logo o voceiro do BNG dirixiuse aos concelleiros do Grupo de Goberno para demandarlles se non tiñan nada que dicir sobre isto. NINGUÉN ABRIU A BOCA PARA DAR RESPOSTA Á PREGUNTA.

3.5 Recordou o voceiro do BNG que xa tiña en outras ocasións demandado que se revisase a situación da ocupación polo embalse de terreo do Concello de Lobeira. Informou que Lobeira cobra un IBI polo 14 % de ocupación, sendo a ocupación real do 21 %. PREGUNTOU SE SE TIÑA FEITO ALGO E RESPONDEULLE O SECRETARIO: ESTÁ EN MARCHA O ASUNTO. TAMEN INFORMOU O SECRETARIO QUE HABÍA UNHA SENTENCIA QUE OBLIGABA AO CONCELLO A PAGAR UNHA DÉBEDA A UNIÓN FENOSA POR EXCESOS PERCIBIDOS POLOS IBIS DOS ANOS 1993 A 1998.PREGUNTADO SE SE PAGOU ALGO NINGUÉN RESPONDE. O SECRETARIO DIXO QUE TOMABA NOTA.
3.5 Informou o voceiro do BNG que o Concello de Lobeira tiña unha débeda con ADIM de 26.000 € como participación no programa Leader +. Preguntou que proxecto solicitou o Concello para estar dentro e ter dita débeda con ADIM? NINGÚEN RESPONDE.

3.6 Sobre o programa transfonteirizo de INTERRET que se pretende realizar entre os Concellos de A Baixa Limia e os limítrofes portugueses, preguntou o voceiro do BNG:
¿Qué proposta presentou Lobeira?. ¿ Quen é, no caso de que exista, o EQUIPO TÉCNICO que debe redactar a proposta?. O ALCALDE NON RESPONDEU.
Logo o voceiro do BNG dirixiuse aos concelleiros do Grupo de Goberno para demandarlles se non tiñan nada que dicir sobre isto. NINGUÉN ABRIU A BOCA PARA DAR RESPOSTA Á PREGUNTA.

3.7 Preguntou e pediu se lle entregase toda a documentación relativa a concesión a un empresario da explotación do Velorio. ¿Qué criterios seguiu a Alcaldía para seguir un procedemento negociado no caso da adxudicación do mesmo. ¿Cómo se invitou, sen publicidade algunha, a empresarios de Xinzo, Celanova e Quintela de Leirado a facer as súas ofertas, sen invitar aos outros empresarios do sector funerario de A Baixa Limia?. ¿Cómo se pode dicir que o empresario vai pagar a ridícula cantidade de 50 €/mes, cando na acta de decisión tomada en Pleno figura que dito diñeiro é para pagar os gastos de luz, auga, limpeza e mobiliario?. ¿ Como é que o Alcalde regalou a un empresario particular a explotación do Velorio?.Preguntou: ¿ Que lle deron ou van a dar por este regalo?. ¿Cómo non se lle ofreceu o Velorio ás xentes de Lobeira?. ¿Cómo se pode xustificar soamente unha cantidade de 50 €/mes si os gastos van a ser á conta do Concello?.¿Canto van ter que pagar as xentes de Lobeira polos servizos do Velorio?
O ALCALDE SOAMENTE ABRIU A BOCA PARA DICIR: NON TEÑO POR QUE CONTESTAR E LOGO PARA, EN TONO AMENAZANTE, DICIR: TEÑA COIDADO CO QUE ESTÁ FALANDO. SEGUIDAMENTE VOLVEU A DICIR AO VOCEIRO DO BNG QUE NON SE FIXERA DE DON JUÁN. LOGO, SEN QUE SE LLE ENTENDESE BEN, DIXO ALGO SOBRE QUE AS XENTES DE LOBEIRA PAGARÍAN UN 40% MENOS.

3.8 Pediu o voceiro do BNG unha resposta ao feito seguinte: Un particular pediu ao Concello no mes de Agosto 2009 permiso para enganchar auga e luz nunha construción da súa propiedade. A Comisión de Goberno aprobou o 9/9/2009 dita solicitude e ao día de hoxe segue sen comunicárselle ao solicitante o acordo.
NIN O ALCALDE NIN OS CONCELLEIROS DO GRUPO DE GOBERNO DERON RESPOSTA ALGUNHA A ESTA PREGUNTA.

3.9 O voceiro do BNG pediu explicacións ao Alcalde do feito que habendo caído, polas augas, un muro en Gaias o Concello se limitase a dicir que se trataba dun muro privado
e que non lle correspondía facerse cargo da súa reconstrución. Recordou tamén que dito muro era acompañado dunha levada pública pero que en calquera caso que a Deputación, á vista do ocorrido en moitos pobos da Provincia tiña asignada unha suma importante de diñeiro para este tipo de traballos. ¿Cómo é que o Concello non se entera ou non fai nada para que a Deputación solucione o problema de Gaiás?.
REMATOU A SÚA INTERVENCIÓN O VOCEIRO DO BNG RECORDÁNDOLLES AOS CONCELLEIROS DO GRUPO DE GOBERNO QUE OS POLÍTICOS ESTABAN PARA SERVIR AOS CIDADÁNS E QUE ELES O ÚNICO QUE FACÍAN ERA SERVIRSE DO CONCELLO PARA OS SEUS INTERESES.

Os Conselleiros do Grupo de Goberno non abriron a boca en todo o Pleno

Comentarios adicionais:
1-É que xa non ai portavoz do grupo popular

2-Ten prohibido o voceiro popular a súa intervención nos plenos?

3-O veciño solicitante de permiso de acometida e o pai do voceiro do BNG. ¡Que casualidade!.

4-Dona Mª del Carmen Vázquez Infiesta é presuntamente a actual compañeira sentimental do Sr. Alcalde.

5-Saberá o noso Alcalde o significado real de expresións referidas a Don Juan?. Coñecerá o que siñifica a expresión don Juan e que é o Donjuanismo na literatura e no modo de expresión?
É vergoñoso e ata causa hilaridade que visto o anterior punto, sexa xustamente o Alcalde quen lle diga a un Conselleiro. “non veñas aquí de Don Juan. Vamos, que non se decata do que di nin do que fala.

SIN-CHAN-SIN-TEITO

Coido que é abraiante a situación que se vive en Lobeira con este personaxe, que nen sabe, nen quere saber. Pero máis triste é a actitude dos concelleiros do PP. É obvio que nen se atreven nen poden falar (pode que baixo acusación de "donjuanismo"). ¡Qué tipos, carallo!

De acordo totalmente: É

De acordo totalmente: É triste, sí. Pero tamén é inexplicable, porque son xente que vive en Lobeira e tén familia: muller, fillos, netos... Qué futuro lles están labrando?. Xulio AD.-

????!!!!!????

Eu debín ler mal. Pódese celebrar un pleno se o grupo de goberno está representado por un CONTESTADOR AUTOMÁTICO que só sabe decir "CONTESTARÉI POR ESCRITO, CONTESTARÉI POR ESCRITO, CONTEST...." ?. Eu quedéi mareado, pero prometo, cando recupere a "consciencia", contestar por escrito. Vémonos. Xulio AD.-