O VELORIO DO TANATORIO 8 de Maio de 2010

O voceiro do BNG preguntou no derradeiro Pleno do Concello o seguinte:

¿ Como é que o Alcalde regalou a un empresario particular a explotación do Velorio?

Nos agora, antes de entrar máis profundamente no asunto do Tanatorio, imos a engadir unha parte do texto do contrato asinado polo Concello sobre o tema:

14.-DEREITOS DO CONTRATISTA
Serán dereitos do contratista-administrador do servicio as seguintes:
- O dereito a explotar o Velorio do Concello de Lobeira polol tempo da concesión e a percibir a retribución económica comprendidaa nas tarifas legalmente establecidas para o sector ou as aprobadas na Ordenanza ou Regulamento do Servicio procedentes dos usuarios do servicio.
- O dereito a solicitar ó Concello de todas aquelas medidas non previstas no presente prego ou no contrato contribúan a prestación dun servicio de calidade.
- O dereito a utilizar os bens de dominio público do Concello que sexan imprescindibles para a prestación do servicio.
- O dereito a recibir o amparo e protección do Concello para o normal desenvolvemento do servicio
.

16.- FIANZA DEFINITIVA.
O contratista depositará unha fianza definitiva será equivalente ó 5% do prezo de adxudicación que responderá do deterioro ou mal uso das instalacións onde de presta o servicio en calquera das modalidades previstas no artigo 84.1 la LCSP

Visto o anterior a nosa pregunta é:

¿Regalou ou non o Concello a explotación do Velorio a un amigo do Alcalde?

VAIA VELORIO NO QUE NOS METERON!!

Hai que traer a Raphael pra que cante "ESCÁNDALO, ES UN ESCÁNDALO" por tódolos recunchos do Concello. Iste é o prototipo do que a ciencia xurídica chama CONTRATO LEONINO, por ser manifestamente favorable a unha das partes e excesivamente perxudicial para a outra. Eiquí vese ben claro quén levóu a ración do león. Qué intereses defendéu o alcalde ehí?. LOBEIRA é unha vaca escuálida da que istes CHUPÓPTEROS non paran de mamar...Xulio AD.-