O NOSO DETERIORO 12 de Maio de 2010
Como exemplo do deterioro e abandono en que se atopa o noso Concello, móstrase na foto o estado da estrada que vai ao Viso dende preto da pista de Ermille. Dita estrada é moi concorrida no día da Romaría de A Nosa Señora do Viso. A 11 días de dita festa o Concello non a ten arranxado. Cabe pensar que o Alcalde e os Concelleiros do Grupo de Goberno non pasan pola estrada en cuestión e nin haberá quen lles advirta do problema. ¡Eles están noutra onda e dedícanse a outras cousas máis rendibles! Existen varias desfeitas semellantes ás da foto e é mágoa pensar na imaxe, tan real como noxenta, que pode dar o noso Concello aos romeiros no día Grande de Lobeira.
Por desgraza non son estas as únicas fochancas que ten o noso Concello.
O único que se demostra é que as nosas críticas contínuas ao actual goberno municipal están unha vez máis xustificadas.
Quería facer un QUEIXA, xa que vexo o deterioro desta pista que vai dar o Viso, eu tamén quería que se mirase para a pista que sobe por o pobo de Torneiros. Calquera día levamos un desgusto temos un burato onda o rego que moitos sabemos que esta alí, pero moita xente non o sabe e pode pasar una desgracía. O estado deta pista é LAMENTABLE, pero o peor é que 4 CONCELLEIROS que compon a corporación do CONCELLO DE LOBEIRA ( Dª. Eulalia Delgado Gándara, D. José Manuel Silva Domínguez, D. Francisco García Neira e D. Manuel Adán Alvarez) pasan amiudo por esta pista e NON FAN NADA, algún deles pasa case todolos días. ASI VAMOS MOI MAL. Tanto ten que sexan do PP como do BNG. Graciñas
En
http://gbooks1.melodysoft.com/app?ID=lobeira
pódesen ver algúns mensaxes en resposta ao anterior comentario.
