ROMARÍA DE A NOSA SEÑORA DO VISO 24 de Maio de 2010

DSC_00550430 peq.jpg

No día de onte, Domingo de Pentecostes, celebrouse en Lobeira a Romaría de A Nosa Señora do Viso. Como é tradicional a imaxe de A Nosa Señora foi trasladada en procesión, en carro tirado por devotos, dende a Igrexa Parroquial de San Vicente ata a Capela do Viso, onde tiveron lugar as tradicionais puxas para entrar a imaxe na capela e para subila ao seu camarín. As 13 celebrouse a Santa Misa concelebraba. Actuou durante a Misa e ao seu remate a Coral Camerata Auriense.As tradicionais comidas campestres, animadas por charangas, completaron os festexos ata á hora da sesión de baile que foi animada por unha orquestra e charangas.

O tempo axudou á celebración da festa e é necesario resaltar que aínda que puidera parecer que se vai producindo, ano a ano, unha baixada nos asistentes á romaría o número de familias que fixeron as súas comidas campestres, parece ter aumentado con relación a outros anos. Tamén o número de asistentes que acompañan a procesión vai sendo menor, pensamos que como consecuencia do envellecemento da poboación.

ROMERIA DO VISO

Gustaría facer QUEIXA, para que se tomen medidas para outros anos. Na metade da misa encontrouse mal una señora de Bande chamada María. Paraceme BERGONZOSO que unha romería con tanta afluencia aunque iste ano moito menos, non teñamos a nosa disposición una ambulancia para atender calquera necesidade. Menos mal que estaba xente preparada por o entorno e votaronlle a mán. A señora debeu encontarse mal coa calor e xa podia ser outra cousa mais grave que a ambulancia tardou 22 minutos.

Fragoso82

Coma sempre,Arsenio, ó pé do cañón, noraboa polo teu traballo sempre en favor da nosa Terra. Ogallá uns cantos fosen coma ti.