ESTARÁ INAUGURADO O VELORIO? 29 de Maio de 2010

PLACA VELORIO.jpg

No día de hoxe, 29 de Maio de 2010, colocaron unha placa conmemorativa da inauguración do Velorio. Nela di que foi inaugurado no mes de Maio (sen poñer día) polo Presidente da Deputación, sendo Alcalde Emilio Higuero. Ninguén sabe se tivo lugar dita inauguración ou se se puxo a placa sen ter sido inaugurado o Velorio.

É certo que ao tratarse dun lugar fúnebre sobrarían os foguetes e as comerotas habituais en outras inauguracións de edificios que, como exemplo vivo de cartos tirados e incompetencia do Alcalde e do Grupo de Goberno, continúan pechados ao día de hoxe.

Na foto que se engade pódese ver canto coidan os textos das placas no noso Concello:
En galego non temos VELATORIO temos VELORIO. ¿Soñáballes mal iso de VELORIO?. ¡Non é de estrañar coa que montaron!.
Outra: A abreviatura de Ilustrísmo é Ilmo. e non Iltmo.

A verdadeira inauguración ímola ter cando se comece a utilizar este servizo e vexamos o custo que vai ter para os lobeirenses esa obra feita cos cartos de todos e que foi alugada en 50 € ao mes (IVE incluído).