DATOS SOBRE A INVERSIÓN NO VELORIO 1 de Xuño de 2010

De acordo á información recibida no día de onte, a Xunta de Goberno do Concello de Lobeira aprobou o día 11 de Febreiro de 2010 o seguinte: “adxudicar o contrato menor de subministro por importe de 10.440 €……….” para a compra de sofás, bancadas, mesas, percheiros, paragüeiros, cortinas e estores, como mobiliario do Velorio.

Agora xa temos máis datos para poder concluír sobre unha inversión pública que, como outras en Lobeira, non se pode entender.

Inversión na obra ………………………………… 135.000 €
Mobiliario ………………………………………………… 10.440 €
Varios ……………………………………………………… 4.500 €

Total coñecido 149.950 €

O Velorio foi alugado por 50 € ao mes (IVE Incluído) e como figura na acta dito importe é para cubrir o Concello os gastos de luz, auga e limpeza.

Nos preguntámonos, aínda que non figure no contrato: tamén correrán a cargo do Concello os custos de mantemento e avarías?.
Nosa segunda pregunta é: van cubrir 50 € ao mes todos os gastos do Velorio?.
A terceira: É normal que a garantía que se lle esixa ao concesionario sexa de 30 € para posibles deteriores.

Pensamos que estaba máis que xustificada a intervención do voceiro da oposición no Pleno do día 28 de Abril cando dixo que o Sr. Alcalde había regalado a explotación do Velorio.

Infórmannos que en Entrimo o Velorio tamén é municipal e a súa xestión corre a cargo dunha persoa do Concello. Non sería bo ter tomada una decisión parecida en Lobeira?.

Aínda cabe preguntar máis:
Cando algo non funcione, como pode ser unha avaría, falta de limpeza, etc.: a quen lle haberá que reclamar ao concesionario ou ao Concello?
Que vai facer realmente o concesionario se todo corre a cargo do Concello? Vaise a limitar a abrir e cerrar as portas ou tamén o vai facer persoal do Concello?
Saben as xentes de Lobeira que poden pedir que sexa calquera funerario o que os atenda?
Canto van pagar as xentes de Lobeira por este servizo?
Coñecen os veciños de Lobeira que a media de mortos nos derradeiros anos é de 20 falecidos por ano?.
Cando saibamos o que vai custar o servizo de Velorio por cada falecemento, xa completaremos esta información. Polo de agora soamente puidemos escoitar ao Alcalde no derradeiro Pleno falando entre dentes de 140 €.

¡ENDEXAMAIS OUTRA SE VIU!