CONTRATO DEFINITIVO DO VELORIO 2 de Xuño de 2010
Abaixo segue link coa web da Deputación Provincial na que pode verse o anuncio do contrato definitivo de alugamento do Velorio.
Queda confirmado o eiqui escrito en varias ocasións e quedamos a espera de coñecer as tarifas que van aplicarse polos servizos de Velorio.
É sorprendente que no prezo do contrato non se diga o período polo que se van pagar 600 €, e tampouco se indique o período de duración do contrato. Contrato tramitado pola vía de urxencia e según un procedemento negociado sen publicidade.
Sorpréndenos que no contrato apareza o correo electrónico do Sr. Alcalde. Se non contesta, nin deixa contestar, nos Plenos aos representantes lexítimos do pobo, como se vai pensar que vaia dar respostas por e-mail a quenes por este sistema se dirixan a él.
¡ALUCINANTE!
