FEITOS INADMISIBLES 19 de Xuño de 2010
Aínda que non temos coñecemento exacto dos feitos, chegounos a información de que tiñan aparecido, hai dous ou tres días, unhas pintadas na porta do Concello con insultos dirixidos ao Alcalde de Lobeira.
Dende este Diario de Lobeira temos informado, ao longo dos últimos 3 anos, puntual e amplamente, ata onde somos capaces de chegar, de todo o que ocorre no noso Concello. Criticamos e denunciamos as actitudes fora de lugar, os lamentables comportamentos e falta de capacidade do noso Alcalde. Sempre o fixemos coa dureza que requirían os feitos, pero nunca entramos no insulto. Se intolerables son as actitudes do Alcalde, non o son menos as que agora nos ocupan.Non entendemos a actitude dos que utilizan o insulto e a provocación, na forma en que se fixo o que aquí agora denunciamos. Existen vieiros democráticos e racionais para loitar contra unha situación a todas luces inadmisible.
Soamente queda esperar a que se poda chegar a coñecer ao(s) autor(es) de tales actos e saber os motivos da súa desafortunada acción. Pode ser a acción illada dunha persoa que reacciona así por un problema co Alcalde, ou a dun grupo de persoas que por temas políticos toman tal erróneo camiño ou incluso que os autores queiran facer dano, na confusión, as xentes que democraticamente loitamos para que Lobeira poda saír da situación inadmisible na que se atopa. Sinceramente non desbotamos ningunha destas posibles causas.
O correcto era condenalo feito sin máis. Esas actitudes son fascistas e antidemocráticas, cair no insulto e a provocación. Pero o millor esas conductas son froito tamén de crítica exacerbada que se está a facer dende dous medios contra o Alcalde. Eu en Lobeira non noto tanta crispación, vexo algunhas obras a facerse ás que nunca vos referides aquí, e quizais por eso o Alcalde gaña as eleucions ano tras ano.
De todos modos a tua laboura neste medio, parèceme moi interesante, Arsenio, pero tamén se vota de menos algunha voce a favor, da outra parte, e niste caso son eu quen o fai.
Saúdos
Mire, Lola, vostede sí que me exacerba. Antidemocráticos son os comportamentos do alcalde ca oposición e cos seus propios concelláis.Non tén máis ca ir a un Pleno para comprobálo. Ven a decir que o que eiquí se escrebe foi o detonante da pintada esa de marras...Cando pille a alguén mentindo niste medio, denúnceo, póñalle o cú (perdón) ao aire; eu seréi o primeiro en apoiála. Pero se o que molesta é a verdá que eiquí se escrebe... siga vostede sendo "a voce da outra parte". Indo coa verdá, indo co futuro, indo coa democracia, indo con Lobeira(que é, en definitiva, o que nos importa), non se pode estar da parte que vostede está. Leboreiro.-
Estimada Lola: podo comentarche que en Torneiros, un dos pobos que pertence o Concello de Lobeira, non se fixo NADA. A última vez que estivo o alcalde no noso pobo "PEDINDO O VOTO", dixoselle que por favor nos limpara as fosas e sabes o que contestou que ese non era o día para pedir. Meteuse un escrito no Concello solicitando esa limpeza xa que dende que se puxeran non se fixera e TEN OBLIGACIÓN o CONCELLO DE FACER DITA LIMPEZA e ta o día de hoxe non estan limpas. Que voas obras esta facendo o alcalde de Lobeira para TORNEIROS???
Para quien lo quiera leer y entender:el alcalde no gana ni deja de ganar las elecciones por su gestión.Tiene sus clientes:a algunos se los ha ganado,para otros,no hace falta ni siquiera que se los gane,sino que,para ellos no existe otra opción politica desde hace 71 años.Luego están los que por ignorancia ,o mala información piensan que los cambios son traumáticos y por lo tanto van a ser a peor y están los que creen que la politica, es como ser seguidor del Barca o del Madri.Siempre apuestan a cabalo ganador sin arriesgar nada.Me acuerdo cuando se decía ,que cuando desapareciese la generación de mayores,que en Galiza habría un gran cambio.Y bien?Apenas existen ya gente,que conoció la guerra y seguimos sin ver el cambio.De todas formas,el que un alcalde de su edad,quiera seguir en la politica,y no deja paso a otras generacios,y quiera seguir en el candelero ,sólo lo creo,en dos situaciones posibles.Por que, seamos sinceros:si llega a tener un fillo éste hubiera sido su sucesor,como el de la diputación de Ourense,pero lo que os quería decir: un poco de insumisión,y un poco de orgullo como pueblo,no nos vendría nada mal.Saúdos
P.D. uno de los trucos,más viejos usados por los politicos que están de capa caída,o por su entorno,es el de autoagredirse,para buscar una reacción-empatía por parte del vecindario
As nosas críticas parécenlle exacerbadas a Lola. Dos orzamentos do Concello gastaron no ano 2009, en inversións reais 9.500 €. En persoal, pagos aos munícipes e gastos xerais gastáronse 500.000 €. Non lle parece isto máis que de abondo para exacerbar a calquera?. Parécelle ben?. Non sei a que obras se refiere. Si se trata das do Plan E, mellor non habelas mentado. Tiña algunha presa ou necesidade tirar o muro de formigón que había ao redor do Concello e sustituílo por outro de pedra. Se existen obras tan importantes e necesarias feitas ou en trance de facelas pode enviarnos a súa relacíón que non temos problema algún para comunicalas. Quen debe facelo é o Concello pero nin contan o que fan, nin responden ao que se lles pregunta. ¡Vamos todo un exemplo de democracia e ben facer!.
As razóns e formas en que o Alcalde gaña eleccións coñecémolas todos e non son precisamente as que Lola dí. A falta de información que ten a xente é unha das causas de tales resultados e é por iso que nós consideramos que a nosa obriga e informar do que pasa, aíndo correndo o risco de que, como semella, algúns nin se enteren.
Algunhas obras que eu misma vin ou inda estou a ver: o velorio, alcantarillado na Fraga, traida de augas e alcantarillado en San Xés, a estrada a Parada do Monte (Está agora mesmo en obras) e outras similares en Vilariño e Facós. ¿Faise eso todo con 9.500 €?
Nesta lexislatura en case todolos povos se fixo algo: traida de augas, millora de camiños, asfaltado etc. xa sei que ides decir que foi grazas ó plan E ou Z, dame igual o caso é que algo se fai e non é como reflexades aquí que parece que esto fora unha antiga república ex-comunista en que os edificios públicos caian a pedazos e ninguén facía nada.
En canto a enterarnos, eu comprendo que hai moito "listo" no noso concello, pero o que temos de parvos a xente de Lobeira casi nos fai falla, para non pasarnos. Saúdos
Esta maña dinme conta de ter esquecido, no meu comentario de onte, unha cousa que quería dicir. LOLA dí no seu derradeiro comentario:: “parece que esto fora unha antiga república ex-comunista en que os edificios públicos caian a pedazos”. Non LOLA, aquí é moito máis grave. Aquí os edificios públicos restáuranse ou fanse novos, gástanse moitos cartos en rehabilitacións ou construcións, pero logo permanecen pechados e sen utilidade algunha. As instalacións, chamadas náuticas (debe ser por que aínda andan a navegar) de Chaos e o Concello Vello son claro exemplo de que o noso é ben peor do que LOLA menta. Ve LOLA como dicimos verdades irrefutables?. Ve LOLA como non fai falta ser LISTO para decatarse da nosa triste realidade?. Saúdos.
LOLA, ou vive enganada, ou nos quere enganar aos demais. Aínda cabe outra posibilidade da que falaremos logo.
En telegrama:
Sobre o Velorio: sobra con ler a opinión enviada no día de hoxe por Xulio AD.
Alcantarillado na Fraga: proxecto aprobado hai 5 anos, e que agora é executado por Medio Ambiente.
Alcantarillado e traída en San Xés: proxecto que vai realizar a Consellería de Medio Ambiente.
Abastecemento auga a Vilariño, aprobada polo Goberno anterior xunto con outras obras que caeron polo camiño.
Practicamente tódalas obras son executadas por Medio Ambiente grazas á ampliación do Parque.
Pero o mellor de todo é o da estrada a Parada do Monte: O arranxo que vai facer a Deputación no Plan de Obras 2009-2010, son en total 1,3 Km. Sabe Lola que a estrada ten sobre 15 km.? A este ritmo de 1,3 Km cada 2 anos estará rematada en 20 anos. En Muíños e outros concellos teñen o 90% dos viales da Deputación cun ancho de 7 m.
Ve LOLA como o Concello non inverte nin un peso?. É fácil, que digan cales son as inversións de este ano, que non sexan gastar todos os cartos nunha estrutura administrativa e política tan pesada como ineficaz.
Quedaba do inicio outra posibilidade: LOLA ou non se entera ou fai o parvo/a. E que conste que quen primeiro falou de “listos” e “parvos” non fun eu.
Saudiña a todos.
Arsenio Landa
Por certo, subindo cara as Motas, vin unha construcción a medio facer. Non decides nada dela nestas páxinas ¿Non será unha nova depuradora para Lobeira? Non sei, digo eu.
Esto é peor ca censura dos vosos amigos ex-comunistas, cando inda eran comunistas a forza.
Certamente parvos, o que se dí parvos non sodes, pero tampouco tan listos como pensades, eso podedes estar bén seguriños (Ë o que se comenta en Lobeira..éh)
Outra obra : os de Senderiz trouxeron unha levada desda propia raia ata o povo. Non se sabe nin os millóns que custou nin quen a fixo (O millor fostes vós, perdón)
Saúdos
LOLA dí que se está a facer unha construcción preto das Motas. Válgame Deus, os que non somos tan listos como pensamos, cando menos sabemos que as depuradoras teñen que estar sempre máis baixas que os pobos aos que van a servir, para que a lei da gravedade faga un traballo que de non ser así suporía o bombeo das augas residuais. Dificilmente se vai a construir unha depuradora para Lobeira no alto das Motas. Para a súa información diremos que tal construcción é un depósito regulador de auga potable para Lobeira, solicitado hai uns 5 anos e que agora fai a Consellería de Rural.
Outra vaca no millo: "Os de Senderíz trouxeron unha levada...". Os de Senderíz non trouxeron levada algunha, nin a que se fixo ven da raia. Infórmese ben. Pregunte ás xentes de Senderíz si están contentos coa levada. Ás nosas informacións din que as xentes de Senderíz estiveron en desacordo coa levada, pois presuntamente foi solicitada por e fíxose para beneficio dunha soia persóa. Se fose así a isto poderíamos chamarlle caciquismo en estado puro e arcaico.
Sobre o que fala de comunismo nin o entendo nin sei a que se refire. Recórdolle que quen comezou a facer citas ao comunismo foi vostede.
Menudo lío ten na cachola.
Sr. Gestor, qué eminencia perdeu a capitalidade de Galicia con vde., tiña que dar clases na Universidade Compostelá, canta sabiduría meu Deus!
Nos non sabemos diferenciar unha depuradora de augas para o consumo de outra para augas residuais ¡lamentable! Nin nada da forza da gravidade...nada ¡canta incultura!
O caso que nos importa é que alí se está facendo unha obra importante e vde. nunca falou dela, nin de ningunha das outras feitas ou facéndose...só medias verdades, que como todos sabemos é a pior das mentiras. Parcialidade total, desinformación interesada.
A levada que os de Senderiz trouxeron de moi preto da raia é en beneficio de todolos veciños, todos presumen desa importante obra que os abastece dun regadío necesario e vde. unha vez máis non sabe nada deso, fala por falar, pode estar todo o mundo seguro. Esa obra custou moitos millós e dende logo non a fixeron os que vde. sempre defende, mais bén ises nunca fixeron nada e en Lobeira sabémolo todos... ou case todos.
Do comunismo millor non falar, agora todos beben Coca Cola e cantan rock, todo o que tiñan prohibido lles tolea ¿Acabarán igual os do BNG?
En canto a miña cachola non se preocupe, está bén amoblada, non sei se tanto andar co millo dise transxénico ou como se chame o está pondo dun color amarelo precupante ¡Teña coidado!
Aínda non desexando perder máis tempo nun cruce de comentarios, véxome na obriga de contestar ao derradeiro de Lola. Vou tratar de facelo o máis corto posible.
Di Lola: “tiña que dar clases na Universidade Compostelá”. Do seu Claustro de profesores formei parte durante 8 anos. Quede tranquil@.
Di Lola: “nos no sabemos…”. Pois parece ser que non. Unha cousa é unha depuradora e outra é un Depósito Regulador de auga, a menos que como xa sabemos se faga o milagre, como se fixo de converter un hipotético pantalán nunhas instalacións náuticas, que seguen pechadas dende a súa inauguración.
Di LOLA: “… alí se está facendo…… . De importante obra nada. Un Depósito regulador de auga, para complementar o que xa existe,que non se xustifica en Lobeira, sobre todo cando núcleos como o de As Conchas segue sen auga nas casas.
LOLA: quen di as medias verdades, vostede ou eu?. Quen informa parcialmente vostede ou eu?. Quen minte?
Di LOLA: “ A levada que os de Senderíz…..”. Agora resulta que a levada custou moitos millóns e foi feita polos de Senderiz. Quedarían arruinados todos pois dí que a fixeron eles.
Di LOLA: “ non a fixeron os que vostede sempre defende…”. Ten unha fixación con que eu defendo a uns e ataco a outros. Se así fose, quen no o é, eu escribo o que penso. Se estou equivocado e mo demostran teño sentido e capacidade para rectificar. Defendo as miñas ideas,fora de toda afiliación política e o que é máis importante dou a cara. Vostede LOLA nin sabemos quen é nin como pensa, soamente sabemos que dunha simple nova, que xa criticou dicindo: “O correcto era condenalo feito sin máis….”. Vamos, que non quería que se dese pé a máis, e agora cos seus comentarios, defendendo o indefendible, querendo ou sen querer, logra que dita nova pase a ser a máis visitada dos últimos tempos. ¡ Isto a min xa me cheira mal!.
LOLA: Quen queira beber Coca Cola ou cantar Rock, incluso cambiar de ideas, pódeno facer libremente. Como acaben os do BNG é un problema que será deles, non dos que navegamos ceibes.
Di LOLA: “…. Non sei se tanto andar co millo dise transxénico ou como se chame……….”. Se se refire as miñas investigacións sobre millos tradicionais galegos en agricultura ecolóxica a cousa xa é para rir. Non sabe nada do que se fai en Lobeira sobre este tema pero cree coñecer o que se fai dende o Concello. Semella querer que nada cambie. Defende a importancia do que se fai e o único que demostra cos seus comentarios é a quen sirve dende o anonimato.
