Xulio AD
Aos que xa tén todos os instrumentos do seu lado, non fai falla defendélos. A mín gústame escrebir en papel branco. A prensa amarela déixoa para outros. Esí que, Lola, polo que leo, para tí está todo ben en Lobeira...Vállame Deus!! O Velorio para tí é un logro. Para mín é unha obra que chega con quince anos de retraso e porque a cousa xa non tiña volta de folla: o Alcalde en canto o pudo retrasar, retrasóuno. E rematóu a desfeita ca vergoñenta adxudicación do mesmo por catro reás. A estrada de San Xés vai a un ritmo de 700 m. cada dous anos: coiste paso en catro lexislaturas máis chegará a Silvares. Cando se fixo nova levóu a mitade de anos e noutros tempos (que para Lobeira eran millores, anque pareza mentira). Esto para tí tamén é un logro, non?. Mira Loliña...tápate, ca se che ve o plumeiro (por non mentar ningunha prenda íntima). Saúdos a todos.
Este escrito entrou como Opinión e refírese a un comentario de LOLA que aparece na nova titulada " FEITOS INADMISIBLES"
