PLENO DO CONCELLO DE LOBEIRA 28 de Xuño de 2010

Presentes: os 5 concelleiros do PP, 1 concelleiro do BNG e 1 concelleira do Grupo Mixto (Ex-PSOE).
O Pleno durou exactamente 14 minutos. Os asuntos foron de puro trámite sen debate algún.
Dos puntos tratados soamente cabe sinalar o referente Asistencia no Fogar que despois da exposición feita pólo Secretario o Alcalde esqueceuse de que os puntos deben ser sometidos a votación, polo que o Secretario, cando o Alcalde pasaba ao punto seguinte , tivo que recordarlle ao Alcalde: “ hai que votar isto”. Foi aprobado por 6 concelleiros co ,voto en contra do concelleiro do BNG, que argumentou que a proposta non favorecía as xentes de Lobeira.
No capítulo de Rogos e preguntas o concelleiro do BNG recordou que estaban pendentes de entregar pola alcaldía a dito grupo varios documentos que tiñan solicitado.
O Alcalde dixo que aínda en contra da súa vontade no sucesivo non admitiría preguntas nin rogos que non foran concretos. Dixo por exemplo si falta unha bombilla, tense que dicir que falta a bombilla.
Ao remate a unha pregunta do BNG sobre si o concello tiña apoiado a iniciativa dun parque empresarial presentada pola Plataforma Baixa Limia, respondeu o portavoz do Grupo do PP que se teña acordado na Comisión de Goberno. Sorprendente a intervención de dito portavoz que, como informamos no seu día non abriu a boca no que chamamos O Pleno dos Caladiños.

Nota aclaratoria: A Plataforma Baixa Limia tiña pedido aos concellos que o seu apoio fora acordado en Pleno , para que quedase claro o apoio de tódolos grupos. En Lobeira, como é habitual, as decisións soamente se toman na Comisión de Goberno.