AS OBRAS DE LOBEIRA (I) 3 de Xullo de 2010
Unha nova anterior deu lugar a un cruce de comentarios sobre a importancia ou non das obras que se teñen feito en Lobeira, incluso nalgúns casos sobre a súa dubidosa necesidade.
Sería un traballo moi extenso analizar unha por unha as obras feitas ,nos derradeiros tempos , en Lobeira e por iso limitarémonos a facer algúns comentarios que poidan aclarar os nosos puntos de vista. Como non queremos ser reiterativos sobre a situación na que se atopan as chamadas Instalacións Náuticas de Chaos de Limia, a remodelada antiga casa do Concello, que seguen sen actividade, enfocaremos os nosos comentarios a outras realidades do noso Concello.
Na foto pódese ver o estado de total abandono en que se atopa a fonte-lavadeiro existente xusto por debaixo da antiga Casa Sindical. O tellado desfeito e as herbas cubrindo todo.
Semella que o único interese dos nosos gobernantes é polas obras novas, sirvan ou non para algunha cousa, pero manter o xa existente patrimonio municipal non debe estar nos seus plans.
É admisible que se fagan obras novas e se deixe caer o que xa temos.?
Que move ao Alcalde a conseguir obras novas e esquecerse de manter as xa feitas?
É normal que se faga un Depósito Regulador de auga potable para A Vila, Santa Baia e As Quintas, que como todo o Concello van diminuíndo en habitantes, cando o núcleo de As Conchas segue sen auga corrente nas casas?.
É admisible que en Gaias sigan sen alcantarillado 7 casas?.
Continuaremos con outras novas sobre AS OBRAS DE LOBEIRA

