DE NOVO PINTADAS INADMISIBLES

A nova FEITOS INADMISIBLES deu lugar a un cruce de comentarios que están a disposición dos lectores. No texto da nova comentamos as diversas opcións que poderían ser a causa de tales inxustificables feitos. De seguido apareceu un comentario que dicía literalmente ”Pero o millor esas conductas son froito tamén de crítica exacerbada que se está a facer dende dous medios contra o Alcalde”. Dito comentario foi respondido por nos e por outros comentaristas.

Agora, apareceu hai dous ou tres días outra pintada, xustamente no Depósito Regulador, que foi citado en diversos comentarios. Nesa pintada pódese ver que o autor, con intencionalidade expresa ou non, utiliza o nome da Plataforma ¡XA ESTÁ BEN……!. Se inadmisible é o feito en si das pintadas aínda o é máis o indicado. Se na nova indicábamos que “non desbotamos ningunha destas posibles causas”, hoxe ratificámonos no noso punto de vista e condenamos unha vez máis estes actos que o único que buscan é crear confusión.

Nos continuaremos co noso traballo de informar sobre o que acontece no noso Concello e unha vez máis abrimos o noso xornal aos Lobeirenses que desexen dar a súa opinión, sempre que o fagan dunha forma que non sobre pase os límites do admisible.