AS OBRAS DE LOBEIRA (II) 9 de Xullo de 2010
O pasado día 24 de Xuño inaugurouse o Velorio de Lobeira, coa asistencia do Presidente da Deputación e dunhas dúas ducias de persoas. Dita inauguración nin foi anunciada e semella que o acto fose reservado a un pequeno grupo de cidadáns.
Como se entende que, en contra do habitual, fose tan pouca a xente asistente?.
Como se entende que non aparecese o acto na prensa de Ourense?.
Que está a pasar para que todo isto se faga como se fai?.
Podería pensarse que ao tratarse da inauguración dun edificio cunha utilidade fúnebre, non se quixese facelo de outra maneira, pero o feito de que a inauguración se rematase con pinchos e bebidas desbota esta posibilidade.
Na foto, tomada o pasado día 3 de Xullo, é dicir 9 días despois da inauguración, xa se poden ver as silveiras aproximándose ao edificio. Esta imaxe é a confirmación do que dicíamos en AS OBRAS DE LOBEIRA (I) sobre o abandono das instalacións de Lobeira. Parece que podemos conseguir que se fagan algunhas inversións pero unha vez feitas a ninguén preocupa o seu estado.
¡LAMENTABLE IMAXE E LAMENTABLE REALIDADE!

