AS OBRAS DE LOBEIRA (IV) 28 de Xullo de 2010
Na foto que se engade pódese ver o estado en que se atopan, na actualidade, as chamadas Instalacións Náuticas de Chaos de Limia. Despois da súa inauguración en Febreiro de 2002, seguen sen actividade algunha. O Alcalde e o seu Grupo de Goberno tiveron capacidade para pedir ao Plan Leader II o proxecto, pero agora demostran a súa incompetencia ao non ser capaces de que entre en funcionamento.
Pero aínda hai novas que completan ata onde poden chegar os nosos rexidores. Aprobouse no mes de Febreiro pasado unha iniciativa para “acondicionamento das instalacións nos Chaus de Limia”.
É dicir gastan con cargos a fondos europeos, autonómicos e estatais unha fortuna no proxecto. Logo conseguen do erario público mais cartos en dotación das instalacións, piragüas, pedalons e outros e agora volven a pedir máis subvencións para un proxecto sen actividade.
A Acta da sesión en que se aprobou a inversión a que nos referimos di textualmente:
7º.- PROXECTOS DINAMIZADORES DAS AREAS RURAIS DE GALICIA.
7.1.-ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIONS NOS CHAUS DE LIMIA.
Vista a Resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das areas rurais de Galicia, e se anuncia a sua convocatoria para o ano 2010, a Xunta de Goberno Local, a proposta do Sr. Alcalde-Presidente, acorda solicitar unha subvención pola sua totalidade por importe de 50.000 € para o acondicionamento das instalacions sitas nos Chaus de Limia conforme a Memoria elaborada polos servizos técnicos municipais.
Recordamos que estas instalación foron inauguradas con banda de música e foguetes, para seguir pechadas despois de máis de 8 anos.
É de aceptar que as inútiles instalacións, as festas de inauguracións e os foguetes do Alcalde teñámolas que pagar todos cós nosos impostos?
Ademáis do Alcalde non existe por riba de il e ao seu carón outros responsable de tales disparates?.

