DIARIO DE LOBEIRA E A MANIPULACIÓN E CENSURA
ALGUÉN fala en Lobeira en el Mundo de “…..diariodelobeira.org e a súa censura previa”.
ALGUÉN debe ter interese en que en Diario de Lobeira informemos sobre o contido das mensaxes censuradas.
ALGUÉN debe tamén querer que digamos de quen eran algúns de tales mensaxes.
ALGUÉN non é consciente de que si informamos de todo canto sabemos pode quedar co cu ao aire.
ALGUÉN anda a provocar e busca que cheguemos a onde non tiñamos pensado chegar.
Non lle imos, polo de agora, cumprir o gusto a ALGUÉN e non imos chegar a onde pretende. Non é a nosa forma de traballo dar novas que non estean totalmente contrastadas.
Temos algunha novidade pero imos esperar a que se confirme a nosa información e logo procedemos a informar aos nosos lectores. De confirmarse, todos os nosos comentarios e sospeitas quedarían tamén confirmados.
Nosos lectores poden comprobar que existen dúas acusacións permanentes en Lobeira en el Mundo. ACÚSASENOS DE MANIPULACIÓN E DE FACER CENSURA.
MANIPULACIÓN
Calquera que nos siga e lea tamén Lobeira en el Mundo, pode ver que nunca desmenten o que dicimos, nunca dan opinións en contra, limítanse a dicir que manipulamos, pero non dan ningunha proba ou explicación que podan servir de base para a súa opinión. POR QUE NON O FAN? ¡PORQUE NON TEÑEN ARGUMENTOS!
CENSURA
Diario de Lobeira leva na rede máis de catro anos. Algúns comentarios e opinións viñeron con ataques a este xornal e ao administrador do mesmo. Publicamos todolos recibidos, sempre que non houbese causas máis que xustificadas para non facelo. Nese tempo recibíronse entre Comentarios e Opinións un total de 444 e deles vímonos obrigados a censurar 8. Supón haber censurado o 1,8 %.
QUEN MANIPULA? TACHÁNDONOS DE MANIPULADORES A NÓS.
TODAS AS MENSAXES CENSURADAS FORON ENVIADAS POR ANÓNIMOS.
Indicamos a seguir os nomes escollidos polos comentaristas anónimos e as razóns da habelos censurado.
MAMITA Chamando “basura” ao pobo de Lobeira.
POR DIOS Insultos e con estilo inadmisible.
SACAUNTOS Por querer colar dende o anonimato un bulo-denúncia, que si colaron en Lobeira en el Mundo.
SACAUNTOS Rebote de mal gusto por non ter publicado o anterior.
!!! Sobre contactos con Higuero, intentando manipular dende o anonimato, como se verá no seu día.
ANONIMO Referente as municipais, intentando manipular dende o anonimato, como se verá no seu día.
PARA OUTRAS COUSAS Manipulando a realidade do acontecido nun Pleno.
PARA OUTRAS COUSAS BIS Repetindo o anterior e engadindo “valentes” insultos, dende o anonimato, para o administrador deste xornal.
Polo seu contido e outros feitos, coñecemos a autoría da maior parte destes mensaxes.
Nos lles parece aos nosos lectores que o UNICO MANIPULADOR é quen sen razón nin probas nos acusa a nós de tal actitude.
Queden tranquilos os nosos lectores, as mensaxes censuradas van ver a luz pero no intre en que o maior número de persoas poidan quedar informadas, con probas e argumentos, de quen manipula.
¡MAIS PRONTO QUE LOGO SABEREMOS QUEN MANIPULA REALMENTE EN LOBEIRA!
Arsenio, esta indignación ou cabreo venlle dado por entrar a ler ise panfleto partidario que está ao servicio dos bloqueiros, non de Lobeira. Alí só se fala do que lle interesa a eles, manipúlase a información, os datos electorais (Nas últimas eleccións "o bng en Lobeira non baixou tanto coma nos outros concellos da Baixa Limia", dín. Claro só perdeu dous de cada tres votos!).
Ao servicio de Lobeira temos o seu diario e a páxina de XxL, nos que sí se conta o que está a pasar no noso concello, plenos, datos electorais, etc. A pluralidade de opinións está a orde do día, non hai máis ca ler o seu contido.
Lobeira en el Mundo hai moito tempo que leva o mesmo camiño ca os seus únicos lectores, perdendo interés, apenas se move (Vde. da datos exactos do movimento da sua páxina, eles nunca o fixeron).
Sr. Arsenio, continúe a súa meritoria labor, ca somos moitos, cada vez máis, os que lle estaremos moi agradecidos, porque onde quera que estiemos vde. nos tén informados do que realmente está a suceder no Concello de Lobeira.
Moitas grazas por eso e Felices festas do Nadal e Aninovo!!!
