IMAXES TOMADAS NO PLENO DO MES DE NOVEMBRO

Xa que dende Lobeira en el Mundo,seguen a atacar a este xornal e a min mesmo, con comparacións que pretenden ser insultantes e continúan a facelo sen argumentar nada. Como ALGUÉN se dedica á descualificación gratuíta e visto que tamén di que agachamos debaixo da alfombra o que no nos interesa imos a recordar e dar conta dun par de cousas.

En primeiro lugar dicir que hai moito tempo o Sr. Higuero dixo ao xornal La Región que eu me movía por “intereses persoais”. Agora Kagánovich,facendo rendido honor ao nome que escolleu, di en Lobeira en el Mundo exactamente o mesmo que dixo Higuero. É dicir, cada vez ALGUÉN se vai parecendo máis ao Alcalde nos seus comentarios e actitudes. Eu de aquela respondín cumpridamente ao Alcalde e non vou perder o tempo en responder ao “tipo” que de novo e como sempre dende o anonimato, emula ao Alcalde de Lobeira. ¡Il saberá as razóns!

A segunda cousa que vou dicir é que xa que BNG no seu escrito de 1 12 2011 dicía: “Do final, do que pasou en rogos e preguntas e da suspensión do pleno non merece a pena comentar nada, LAMENTABLE.” , direi que para que tódolos nosos lectores teñan información tan real como verificable do que pasou no último Pleno, engadimos tomas de vídeo feitas na sesión. Así poderán comprobar quen son os que fan dos Plenos un espectáculo verdadeiramente LAMENTABLE.

A pouco que os nosos lectores se fixen nas imaxes, nas verbas e nos xestos, xa poderán comprobar as inadmisibles actitudes do Alcalde e o compadreo dos que permitiron que continúe no poleiro e facendo o que quere.
¡EN EFECTO LAMENTABLE!

Arsenio Landa

A situación de Lobeira.

Eu non sei se perdemos a memoria ou o sentido común, porque a cuestión é ben doada: Qué sería millor para Lobeira, que estíe quen está de alcalde ou que estuvera Xulio Lamas? Por qué o Bng non axudóu a investir de alcalde a Xulio e logo controlálo dende a oposición? Hai cousas que non tén explicación, por moitas voltas que lle diedes.
Eu non estuven niste Pleno, pero teño estado noutros, e non é a primeira vez que o alcalde se enfrenta violentamente co portavoz de XxL, porque lle cánta as corenta en cada Pleno, recórdalle as cacicadas que fai (e que fixo), e iso o "xefe" non o sabe encaixar.
Nunha reunión en Ermille (en plena campaña electoral) o cabeza do Bng enchéuse de decir que o obxetivo claro era sacar ao PP da alcaldía. Pois ben, dado que XxL foi a lista máis votada das alternativas, está claro quén debía ser o alcalde, ou non? O que pasa é que hai individuos que tén unha palabra para cada ocasión e que pensan máis noutras cousas ca en Lobeira.
Unha última pregunta: alguén me pode decir por qué o alcalde bota a Xulio da sesión? Porque xa vin o vídeo sete ou oito veces e non encontro os motivos...

Lucas

Arsenio; un dito moi antigo dicía que unha imaxe vale máis ca mil verbas. Está claro que se, no canto dunha imaxe, se trata dun video, que entón non existía, a diferencia inda é máis grande. Niste video do Pleno podemos sacar varias conclusións moi claras:
1ª.- A actitude radical, anti-democrática e autoritaria en grado sumo do Alcalde, que pensa que inda manexa o Concello con maioría absoluta coma antes.
2ª.- A aparición dunha figura destacada, cal é Xulio Alvarez (De casta lle vén ao galgo), que non está disposto a permitir tales conductas e reclama con decisión e valentía, as explicacións e aclaracións que todos os veciños demandamos.
3ª.- A inexplicable coducta de dous concellais, que "Miran pra outro lado" cando Xulio se ve acosado pola caciquil conducta do Alcalde, que semellan estar incómodos, non dan fala, como se quixeran non participar no Pleno...
4ª.- Se demostra que hasta a aparición de Xulio, e o seu grupo de XxL, en Lobeira non había OPOSICIÓN.
5ª.- Hai esperanza, hai futuro: o próximo Alcalde de Lobeira será unha persoa preparada, un home cas ideas moi claras, alguén que nos sitúe á altura que nos deixou seu pai, hai xa moitos anos. Dende entón, só fomos para atrás.
Moitas grazas, Arsenio, por colgar iste vídeo do Pleno. Xa non fan falta palabras. Está todo dito. Felices festas a toda a xente de Lobeira.

hOLA

No sabia q eras Psicologo o Psiquiatra Politico. Pero vi el video y lo q juzgas tu, yo no lo veo, lo siento.
Cada uno actua como desea, Xulio actua "apasionado" y me parece muy defendible y Anton "calmoso" y de las dos formas se pueden decir las cosas. No te parece?

Y el quinto punto es Campaña electoral? si aun quedan unos 3 años.

Y dices q no eres partidista? "joderrrrrr".

PABLO TEJADA

Resposta de Lucas

Probablemente e polo que se ve, o Sr. Tejada non fala nin entende o galego, por eso ve cousas no meu comentario que eu non dixen, entre elas esa de que non son partidista. Claro que o son, son descaradamente partidista de LOBEIRA, e por eso penso que quén millor a está a defender niste momento é Xulio Álvarez e o seu grupo de XxL.
Non fai falta ser psicólogo nin moito menos psiquiatra pra xulgar o que se ve no video, só hai que ser unha persoa normal, velo con calma e sacar conclusións. As miñas son moi claras. As do sr. Tejada non o parecen, e así non di nada do punto nº 1 nin do dous, a actitude do Alcalde non lle parece de interés... parécelle máis importante criticar a Xulio. O peor é que esa misma actitude é a que está a ter o bng de Lobeira!
A pena é que inda faltan 3 anos para as eleccións, 3 anos perdidos, pero moitos non temos dudas de quén será o próximo Alcalde de Lobeira. Él está ganando votos cada día ca súa actuación no Concello e o bng perdeu dous de cada tres nas últimas eleccións e non hai dúbida de que moitos dises votos estanos perdendo ca súa lamentable actuación no Concello e eso os veciños SABÉMOLO.

RESPOSTA A PABLO TEJADA

Aínda que non me gusta meterme en comentarios cruzados entre os nosos lectores, véxome obrigado a facelo para aclarar cousas que poderían quedar confusas.
Pablo Tejada responde a un Comentario feito por Lucas e logo dí ao final "Y dices q no eres paridista? joderrrrr".
Lin e volvín a ler o comentario de Lucas e non atopei en parte algunha que houbese declarado no seu Comentario que "non fose partidista". É evidente que se nota que Lucas debe ser partidario de XxL e do seu principal dirixente.

Lucas, como calquera outro Comentarista, está no seu dereito a dicir o que pensa e non vexo nada molesto nin insultante nas súas palabras. Outra cousa e que gusten máis o menos os seus puntos de vista.Estou seguro de que Pablo Tejada líouse no seu comentario dirixido a Lucas.Confundíuno o seu subconsciente?

Non vou a entrar nas consideracións de Lucas pois deixa ben claro o seu pensamento. Nembargantes quero precisar algo no que estou en total desacordo. É co punto 4 do Comentario de Lucas, cando afirma que en Lobeira non había Oposición. Claro que había Oposición. O que é lamentable e que o BNG cambiase de actitude cando víu o resultado das urnas e pasou a ser a forza menos votada en Lobeira nas Municipais. Pode o Sr. Tejada xustificar de algunha maneira este cambio de actitude do BNG?

Vídeo

Pois esta é a maneira de informar que para algúns é "intoxicar". Os mellores desexos para Nadal e Aninovo a toda Lobeira.