AS ESTATÍSTICAS DO DIARIO DE LOBEIRA
Esperamos ata hoxe para poder felicitar aos nosos lectores co gallo do Aninovo e á vez agradecerlles a boa acollida que Diario de Lobeira tivo dende a súa creación no ano 2007.
Engadimos as Estatísticas do noso xornal correspondentes ao ano 2011 e, sobre os resultados, temos que facer as seguintes consideracións:
1- No ano 2009, sen ter en conta o mes de Xaneiro no que non se rexistraron Estatísticas, a suma de “Visitantes distintos” foi de 1.981
2- No ano 2010, a suma de “Visitantes distintos” foi de 2.737
3- No ano 2011, a suma de “Visitantes distintos” foi de 7.350
4- Os datos estatísticos da nosa web son calculados directamente por unha páxina allea a nós.
5- Cando nos resultados obtidos se di : “Visitantes distintos” refírese aos lectores con diferentes IPs dentro de cada mes. Se un lector entra no mes varias veces soamente contabiliza ao visitante non tendo en conta as veces que entrou.
6- O total da columna de Visitantes distintos reflicte o total de tódolos meses.
Pensamos que ante os resultados o noso Diario de Lobeira cumpre unha boa misión informadora, como se demostra polo seguimento que ten a nosa web. É por iso que consideramos necesaria a súa continuidade.
Lamentablemente a realidade é que a maior parte dos nosos seguidores é máis que probable que non habiten en Lobeira. As dificultades de cobertura no noso concello e a idade da maioría dos seus veciños, fai que a poucos deles chegue a nosa información. A pesar desa realidade consideramos que os fillos de Lobeira ausentes da súa terra ben merecen saber o que pasa nela.
Houbéranos gustado que a maior parte das nosas novas houberan sido positivas, pero a realidade de Lobeira é a que é, e nós soamente podemos informar dela e así axudar a que poida cambiar.
Aproveitamos a ocasión para pedir desculpas polos erros que podamos ter tido, reiteramos o noso agradecemento pola acollida do noso traballo e esperamos poder seguir sendo o que sempre fomos:
Un espazo web co único desexo de informar aos lobeirenses do que acontece na súa terra.
Parece que cando máis éxito tén a súa páxina, máis criticada é por certos individuos. Cómo se chaman ises especímenes que nadan contra-corrente: cangrexos? Boeno...os cangrexos non tén culpa.
Alguén dixo: se ladran é por que camiñamos. Cada que e libre de pensar e dicir o que quere, pero o malo e cando unha persóa pensa unha cousa e dí outra. Grazas.
O éxito de Diario de Lobeira refléxano esas estatísticas que publicas. É certo que a inmensa maioría dos que o visitamos estamos fora da nosa querida terra, pero é nises intres cando máis agradecemos a túa información precisamente.
Adiante con ise proxecto e por darnos a posibilidade de participar cando temos tempo, somos moitos os que estamos interesados en todo o que acontece no noso concello, o que non queremos deixar morrer de maneira ningunha. Moitas grazas e o desexo dun Feliz Aninovo para ti, a túa familia e todos os que formamos esa gran familia con raíces en Lobeira.

